off

España e Europa descobren un problema

by

Legalismo. Que é o que mete medo, a independencia ou a reacción á independencia? Perante  un acto de desobediencia pacífica masiva e organizada, a resposta das institucións do Estado ten sido de negativa hostilidade  e consistiu en se aderir ao sistema legal para esmagalo. O discurso do rei, dunha fondura antidemocrática que apavora, segue esa lóxica. Cando Filipe de Borbón lle dí aos catalás “Non estades sós”, ignora e demoniza os mais de dois millóns de independentistas e 900 persoas atordoadas pola polícia e abre unha narrativa perturbadora que non só ataca politicamente e xudicialmente a elite pró-independencia, mas procura asustar diretamente aos cidadáns aquén e alén que non comulgan con esa narrativa. A resposta  ten sido un retrato da reacción: non propón nada, non recoñece calquer lexitimidade e pune a mobilización da sociedade civil, estendendo a cultura do medo e mostrando que arestora a única resposta é a submision ao estabelecido. A mobilización española do domingo 8, embora lexítima, é igualmente reactiva, unha vez que nega a existencia política ao rival e arela á sua submision encanto atrai a lei e mascara un nacionalismo asimilacionista e centralizador. Apelo á orden xurídica como garante da preservación dos dereitos individuais e en xeral da democracia formal, mas para impedir calquer mudanza.

Distensión. A distensión é cousa de dous. Pódeselle pedir desistir ao goberno catalá de decisións unilaterais sen desmantelar o operativo policial, termar da ultradereita ou renunciar á aplicación unilateral do artigo 155 (que xa se ten aplicado en parte polas traseira)?. Practíquese logo a distensión bilateral. Por exemplo, ambos e dous, Puigdemont e Rajoy, sobreviviran a un grave accidente de carro.

A democracia por vir. Na Europa, as democracias emprazadas  son  un xogo coas cartas marcadas, incapaces de canlear aqueles problemas políticos desafiados democráticamente que esculcan ou cuestionan a orden estabelecida. Este foi o caso do referendo grego de 2015. O futuro da Europa xogase aqui.  As institucións,  cada vez mais parapetadas trás das leis, fan uso dun discurso legalista que protexe unha vision altamente elitista da política. O legalismo tornándose ideolóxico. Un retrouso tecnocrático que moitas veces se basea na difamación do cidadán mobilizado e que transforma o que non se mobiliza en un exemplo de bó comportamento democrático. O dereito, nesta contextura, amiúde se torna a garantia para protexer os dereitos democráticos dos cidadáns como un instrumento de poder que, paradoxalmente, apela ás liberdades democráticas decorrentes da participación directa da sociedade civil en nome das liberdades. Cando a lei é usada para acompañar unha estratéxia política destinada a destroir mobilizacións civis pacíficas de grande alcance social e discutir a orden estabelecida (pois de entrada aqui non se cuestiona a base esencial do sistema)  acaba pagando o dereito de discordar  e a separación de poderes. Esta estratexia leva, a longo prazo, ao devalo democrático, unha vez que o conceito de cidadania é baleirado de significado político, enxergado como o dereito de estar directamente envolvido no futuro político do ambiente social, mesmo que iso signifique discutir o que hai e non apenas escudar na diferencia cultural.

Os Casado, os traficantes do odio. Hai ben de tempo que esta materia prima de “casados” circula polos platós con maletas de bile. En toda a contorna do PP, Rajoy é o  moderado?

Retrovisor. Os argumentos  de que a lei é o único garante dos dereitos democráticos e que desobedecer é un primeiro paso para o autoritarismo ignora que moitas  democracias liberais legalmente subxugaran pobos en todo o mundo; os dereitos civis dos afroamericanos non foran alcanzados até a década dos sesenta  depois de desobedeceren a  legalidade racista ; que a social-democracia sueca tiña un programa “legal” de esterilización forzada do atraso mental que durou até os  setenta; que non hai moito na España era necesário preencher as prisións de insubordinación para obter o dereito de non facer o servizo militar.  En todos eles, a lei cumpriu o poder de manter a orden contra  unha parte dos cidadáns que se opuxeran abertamente e, en moitos casos, pola desobediencia. Cando unha mobilización  totalmente democrática é criminalizada, a lei se torna mimetizada como reacción. E esta é unha perversión que cuestiona toda a lexitimidade do sistema democrático, unha vez que converte o status quo en verdade incuestionábel.

TVE.Hai ben tempo que la televisión pública de todos los españoles abandonou Cataluña, Galiza e Euskadi. Porque non se ven todas as televisións autonómicas no resto do Estado? La Sexta tenta reparar iso agora, ainda que ás veces xoga ao sensacionalismo.

Prisioneiros. Durán i Lleida non quere a DUI, seica o Estado non ten outro remedio que aplicar o artigo 155. Como Rajoy, está prisioneiro de si mesmo. Actuando  a disgosto e contra a vontade. En ambos  e dous o fracaso é o mesmo: incapacidade para aprender da realidade. O que nos leva á raíz do asunto, que alomenos en parte, pode conter a resposta á pregunta:  como puido comezar esa politica mas tamén para a continuar até atinxir seu final amargo e absurdo? Dí  Hannah Arendt que obviar os feitos e deixar a política en mans das técnicas de resolución de problemas son benvidas porque o  desprezo á realidade é inherente á política que fai quer da “teoría” quer “lei”   feitos estabelecidos que acaban por anular a própria realidade. Porén, a simples contaxe de feitos como relato non leva a ningunha acción. Para qué saber como é realmente Cataluña se do que se trata é de demostrar coa FAES que somos  a octava potencia do mundo? Alguén valorou ou ubicou a raíz do desprezo polas consecuencias de ter enviado policia a reprimir colexios eleitorais?  E non será que os problemas da España e da Europa son a arrogancia legalista e financieira e non ter escoitado en referendo a vontade dos pobos grego e catalá ?

Calendario. Mesmo as datas non axudan. Será asubiado Rajoy o día 12 de outubro?

DUI. Que xustifica unha pacífica declaración unilateral de independencia? Intentalo. Non vale a pena alegar que non hai razóns históricas, culturais ou sociais. A declaración  de independencia raras veces é “legal” ou “constitucional” respeito do cadro xurídico que precisamente visa quebrar. Unha declaración de independenciasempre  é unilateral por definción. Porque as constitucións mudanse. E se non se mudan, creanse. Pérdense paises por falta de empatía. A que teñen o Òmnium e a Asemblea Nacional Catalá (ANC).

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off