off

O unionismo reúnese en Barcelona contra o proceso independentista

por Redacción

Unhas 350.000 persoas, segundo contaxe da Guàrdia Urbana, 950 mil segundo os organizadores-  chegadas  de partes do Estado español xuntáronse no centro de Barcelona, convocados por Sociedad Civil Catalana, berrando lendas contra Puigdemont e  os Mossos. A protesta contou coa presenxa de altos cargos do PP, incluida a presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes,  a ministra da Saúde, Dolors Montserrat, o delegado do goberno Enric Milloou Alberto Fernández Díaz  e Albert Rivera de Ciudadanos,  tamén Salvador Illa e Josep Maria Sala do PSC.

Após unha semana de que perto de 3 millons de cataláns sairan á rúa para votar o referendo do 1 de outubro malia a brutal ofensiva policial, Sociedad Civil Catalana tentou mediar a súa forza na rúa nunha manifestación á que aderiran 20 asociacións e partidos.

Porén, a imaxe que se tornou clarificadora foi parcería  de Josep Borrell e Jiménez Villarejo  de brazo dado de García e Albiol e Vargas LLosa nun acto no que se clamaron lendas como  “con terroristas non se negocia”,“Puigdemont á prisión”,  “Trapero a la Modelo”,” Una estelada, una pedrada” ou “A por ellos” . O escritor peruano  chamou  “golpistas” ao presidente Puigdemont ,  Oriol Junqueras (vice-presidente) e a Carme Forcadell (presidente do parlamento de Barcelona).

 

Ataques e insultos

O xornalistas Enric Borràs denunciou que despois da manifestación houbo ataques e insultos a mosos, cidadáns e xornalistas. Para alén das pedradas que guindaron a vidros de varios balcóns onde había estreleiras, sgundo fontes dos Mossos, un grupo de manifestantes agrediron a un home de orixe magrebí  na rúa  Bou de Sant Pere. O Moha Gerehou, presidente de SOS Racismo en Madrid, explicou   nun vídeo en Twitter que o insultaran por ser negro.

Un grup d’ultres increpant un fotògraf davant del Parlament. No els devia agradar com quedaven a les fotos pic.twitter.com/6hQtO1VmQ7

— Enric Borràs Abelló (@enricb) 8 d’octubre de 2017

 

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: