off

O Ibex off shore da Marca España

por Rafael Cid
"O criterio para xulgar o estado de democratización logrado nun país,
 xa non é establecer "quen", senón "onde" poden votar "votar"
 (Chantal Mouffe)

Boa parte da gran banca española e das multinacionais están en proceso de deslocación. Da Catalunya do 1-O á España do “a por ellos, oe, oe, oe”.  Empresas como Augas de Barcelona, Gas Natural Fenosa e o Banco de Sabadell e Caixa Bank puxeron en marcha un plan de fuga masivo desde a periferia ao centro. Afirman os seus voceiros que é para protexer aos clientes e impositores das turbulencias que puidese provocar a prevista declaración de independencia. Ou sexa, sacrifícanse polo noso ben.

Mas habería que ter moita fe e bastante cegueira para mercarlles o xénero. Porque quen agora aparecen como altruístas mercadores son os mesmos que arruinaron a media España (cataláns incluídos) cando presionaron para que “o seu resgate” fose á conta do contribuínte. Por activa uns, os que se beneficiaron da as funestas desregulacións  gubernativas, e por pasiva outros, os que quedaron a prezo de saldo cos activos das caixas de aforro finiquitadas por Rodríguez Zapatero. Dunha tacada, toda a torta do mercado financeiro, antes fifty fifty, quedou en mans do cinco principais (Santander, BBVA, Caixa Bank, Sabadell, Bankia). Nun parqué onde até entón competían cunha poderosa rede de caixas, as únicas entidades de crédito de carácter semipúblico, estendida por todo o territorio nacional.

Algo parecido  acontece cos seus compañeiros de viaxe no sector das maiores corporacións de servizos. Augas e Gas, con outras que seguramente seguirán a ruta do choio off shore, tamén están no ranking de empresas que en plena crise desatenderon o clamor dos máis vulnerables socializando perdas e privatizando  gaños. Neste apartado concreto, para máis inri, mostrando unha resistencia case delituosa a facilitar prestacións de subsistencia nos casos de extrema necesidade. Referímonos a aspectos como a pobreza enerxética, os abusos cometidos nas tarifas con mil artimañas, os cargos eternamente facturados como compensación pola perda do monopolio, e outros similares. Unha posición de privilexio tolerada por todos os gobernos, independentemente da cor que calzaran. Cohabitación que ten a súa máxima expresión nesas portas xiratorias que permiten a ex presidentes pasar da Moncloa aos seus consellos de administración (Felipe González pasou por Gas Natural e José María Aznar por Endesa). A ninguén pode estrañar que con esas credenciais Míster X e o sarxento de Perexil coincidisen en esixir a aplicación do artigo 155 da C.E. caia quen caia.

E logo, como colofón, están as famosas Axencias de Cualificación. As Moddy´s e Standard & Poor´s de marras, que correran a vaticinar os mil males para os cataláns se non renunciaban ao seu dereito de autodeterminación e volvían ao curro do consenso do 78. As mesmas que coa súa cualificación de Triplo A outorgada ás subprimes e outros produtos lixos provocaron a crise económica e financeira que xustificou a maior etapa de axustes e recortes sociais da historia contemporánea, e a voadura controlada do Estado de Benestar. Unha banda que, mentres muxe o público no Estado off shore da Marca España, imita a aquel “señor don Juan de Robres”, da fábula de Iriarte, que “con caridade incomparabel, fixo este hospital, mas antes fixo aos pobres”.

Coa entrada en escena dos bankers, as axencias de rating e o FMI (o último en chegar) o de Catalunya empézase a parecer ao de Grecia coa Troika. Só queda por ver se un señor conservador de dereitas como Puigdemont mantén a palabra sobre o referendo do pobo soberano onde outro de extrema esquerda como Alexis Tsipras fíxolle un corte de mangas.

 

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: