off

As televisións españolas non emitiron o discurso de Puigdemont, agás La Sexta

por Redacción

Malia a atención mediática internacional sobre Cataluña, as consecuencias da violencia internacional, a hostilidade verbal de Filipe VI e La Moncloa mantendo a policia en Barcelona, os chamados á mediación, a UE enrocada e as declaracións e discursos sobre o conflito, as televisións españolas non emitiron o discurso de Puigdemont, agás La Sexta.


Nun momento de crise como o que está viver Cataluña e o estado español, só La Sexta emiteu a comparecencia de Carles Puigdemont,  presidente da Generalitat.  Xusto cando se emitía a mensaxe oficila de Puigdemont, o Telediario de La 1, prescindía do discurso e preferían centrarse nas pedas do Íbex por culpa seica das  vaidades independentistas,  que contrasteaban coa subida da bolsa experimentada por Oryzon desde que anunciou que deslocaría a Madrid.  Ao final, apañaron un minutiño exacto do discurso solapado pola voz do xornalista. O Telediario entón apontou as catástrofes sociais, de convivencia e educacionais que estabam ocorrendo  nunha Catauña presa do caos. A fume morto pasaron ininterrupta e íntegra a resposta de Soraya Sáenz de Santamaría a Puigdemont. Unha resposta a unha mensaxe previa que non deixaran escoitar.

A televisión ten o poder que tornar en global o que enmarca. No contexto actual que as televisións públicas e privadas españolas neguen a realidade catalá é preocupante. A falta de recoñecemento chega ao punto de ollar para o outro lado.  En España pódese falar de todo en ausencia de violencia ? Carles Puigdemont  foi entrevistado na BBC.

Capa do xornal francés Libération, 5 de outubro / LIBÉRATION

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: