off
Economía, Galiza, Sen categorizar — 5 Outubro, 2017 at 5:40 p.m.

A quen representa Nuñez Feijoó?

by

Quen afirma “dóeme Catalunya” ou dí  ser ” militante da Galiza”  en pleno debate da autonomía esquece sistemáticamente os intereses de cidadanía do pobo galego. Porque tanto a fixación da data como o tempo adicado por Feijoó ao referendo en Cataluña condicionou o resto do debate. Pouco lle debe magoar o desprazamento e ocultación da realidade galega cando elide o debate do importante. Das proposta de resolución só foran aprobadas as 40 do PP, cuxa maioría absoluta lle permitiu rexeitar todas as demais. Das aprobadas, 22 fóron o co único voto favorabel dos propios populares mentres que cinco saíron adiante despois de que o PP aceptase algún tipo de negociación cos partidos da oposición.

Desde que goberna Rajoy en Madrid non fai mais que apañar esmolas e facer delas un trunfo. Porén, Euskadi apaña máis de 4.000 millóns de euros, entanto o presidente Alberte Núñez Feijoó, axindo  como funcionario do PP ao ditado ideolóxico da FAES,  conforma con 920 millóns de investimentos do estado en infraestructuras.

O investimento en Galiza baixa 1000 millóns 

Tamén en Galiza o PP utiliza Cataluña como coartada para deturpar calquera radicación na realidade galega e elidir o debate competencial. Na práctica unha negación do suxeito político galego.

A defensa da súa política substanciouse no seguidismo das políticas de Mariano Rajoy, elidindo os retos democráticos abertos desde Cataluña e obviando que os salarios e as pensións dos galegos e galegas son os máis baixos do estado, estimular a desfeita da megamineria ou ignorar que os impostos galegos van para Madrid. Seica o problema de Galiza é Cataluña? Ou máis ben, o preocupante, o desleixo e a submisión dun goberno que axe aos ditados de Madrid, con acumulación de incumprimentos e adiamentos sistemáticos  en infraestructuras: Fomento adía mais unha vez a chegada do AVE, tamén prometera que a Xunta financiaría o AVE a Lugo e un centro de día en cada concello,  a activación de PEMEX en Punta Langosteira, un concurso eólico, listas  cero  nas escolas infantís,   porén a súa bagaxe suma incumprimentos e  vetos perante do rexeitamento de Fomento da transferencia de competencias ( a  competencia da AP9 reclamada polo BNG para acabar coas peaxes) ou o impago da débeda de 150 millóns do estado en políticas de dependencia.

Nesta lexislatura reducíranse o número de camas en hospitais públicos, aumentando a media das listas de espera. No horizonte a supresión de varias áreas sanitarias. De feito,  Feijoó vén de derivar 100 millóns da sanidade pública á privada.  O grau de execución do programa de conciliación da vida laboral só acadou  o 3,2 % segundo os orzamentos da Xunta. Nesa xeira,  o goberno Feijoó só executou 3 de cada 10 euros  no programa de loita contra a violencia de xénero.

Após catro anos, o goberno Feijoó adicouse a blocar a comisión de investigación do desfalco das Caixas , mas tamén a  do accidente ferroviario de Angrois.

Galiza, foto fixa: privatizacións, incumprimentos e paralización do país.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off