off
Cedeira, Galiza, Política local, Saúde — 5 Outubro, 2017 at 6:42 a.m.

O goberno de Cedeira convoca unha concentración en demanda dun mellor servizo de saúde

by

[Pingota Comunicación] O goberno de Cedeira convoca para o próximo martes (día 10) unha concentración diante do centro de saúde en demanda dun servizo público de calidade. O acto dará comenzo ás once da maña. Os responsables municipais invitan a veciñanza a tomar parte nesta iniciativa e na campaña de recollida de firmas que xa se está a levar a cabo na farmacia, na oficina de turismo e na Casa do Concello. Tamén se poderá asinar o día da mobilización. Con esta convocatoria, os responsables municipais queren buscar o apoio explícito dos veciños á moción aprobada por unanimidade na última sesión plenaria. No seu texto facíase especial referencia ao feito de ter que compartir pediatra durante o verán con Valdoviño, a falla de facultativo de reforzo e a tónica xeral de non cubrir nin baixas nin os periodos vacacionais dos médicos. Esta situación tradúcese “nunha merma notable da calidade do servizo e nas conseguintes deficiencias na atención aos pacientes que soportan esperas impropias dun país do mundo rico en pleno século XXI”, tal e como figuraba no texto da proposta levada ao pleno por iniciativa do equipo de goberno (PSOE, BNG e Anova). Esixirlle á Área Sanitaria de Ferrolterra que tome canto antes as medidas necesarias para correxir as deficiencias sinaladas é o obxectivo da concentración.

 

 


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación. O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off