off
Cedeira, Educação — 4 Outubro, 2017 at 9:00 a.m.

Nova aula multidisciplinar na primeira planta do polideportivo municipal de Cedeira

by

[Pingota Comunicación] O Concello de Cedeira vén de lle poñer fin a carencia que existía de instalacións municipais para impartir cursos coa creación dunha aula multidisciplinar na primeira planta do polideportivo municipal, “o sitio ideal”, segundo o alcalde, Pablo Moreda Gil. A instalación agora inaugurada está pensada para acoller cursos, charlas e obradoiros, como o que o Concello xa está a organizar para persoas maiores que desexen poñerse ao día con respecto ás novas tecnoloxías, unha iniciativa que moi posiblemente tamén se trasladará ás parroquias. Trátase dun curso de informática básica. O alcalde recoñece que a obra realizada no pavillón responde á demanda existente no municipio e reitera a “carencia moi grande en canto a instalacións municipais que se encontren libres debido á grande cantidade de asociacións culturais e entidades deportivas que utilizan todo tipo de dependencias municipais para poder desenvolver con éxito as súas actividades”. O Concello tratará agora de darlle a máxima rendibilidade a unhas instalacións adecuadas para acoller todo tipo de programas formativos. A aula foi pensada para unhas quince persoas e está equipada cos recursos necesarios.

 


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación. O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off