off

Milleiros de persoas maniféstanse en Compostela a favor do dereito a decidir de Cataluña

by

Diante da ofensiva do Estado, Galiza vén de mostrar hoxe a súa faciana máis democrática. “A loita de Catalunya é tamén a nosa loita” foi unha das lendas que corearon os varios milleiros de persoas convocadas pola Plataforma Galiza con Catalunya. Representantes de BNGEn Marea maniféstanse unidos na capital galega de brazo dado de representantes de movementos sindicais (CIG e a CUT ), as 30 organizacións sociais  que integran a plataforma e a cidadanía soberanista en “solidariedade” co referendo do 1-O.

Praza das Praterias, 30 de setembro de 2017

Nun ambiente alegre e festeiro entre lendas e chamados a prol a autodeterminación galega e catalá. “Eu apoio o referendo” era a lenda afirmativa que figuraba en cartaces, autocolantes e faixas. Tamén  a de “Independencia” figuraba na faixa principal que abria a manifestación.Entre os participantes na marcha, Ana Pontón, lider do BNG, Paulo Carril, do sindicato CIG, Xosé Manuel Beiras e Camilo Nogueira, o portavoz parlamentario de En Marea, Luis Villares, e  varios deputados.

Votar non é delito”, “Estado español, Estado policial” , “votarán, votarán” repetíronse a eito . “A loita do pobo catalán é amén a nosa loita”, encerraba o manifesto, que lanzaba unha  nídia “mensaxe de solidariedade, de apoio e de ánimo” a Catalunya que mañá poderá ir votar nunhas condicións difíciles sen perder a serenidade que caracterizou o Procés durante estes anos.

A Plataforma Galiza con Catalunya  entende que a autonomía catalá ficou “suspendida” por parte do Estado e censura  as “ameazas constantes dun réxime decrépito” que caiu unha espiral de prohibicións que coartaran dereitos básicos como o de reunión, o de liberdade de expresión e informacion, e mesmo o dereito á intimidade. Diante desta autoritaria posición do Estado, a reacción de partidos, sindicatos e da sociedade civil galega concretouse en decenas de actos, referendos simbólicos,  concentracións  eque culminaron esta mañá en Compostela cun  acto de solidariedade coa aposta democrática pola referendo do 1-O na Cataluña. Cidadáns que queren votar o seu destino.


1-O Referendo de Autodeterminación en Cataluña


 

Concentracións unionistas 

Santiago, A Coruña, Lugo e  Vigo concentraronse apenas decenas de personas en contra do referendo catalá. Diante do concello de Vigo sentíronse  berros a favor do exército, a Lexión, a Gardia Civil e   Policía Nacional Española como “Toda España es de todos”,  “España unida jamás será vencida”, nunha convocatoria institucional realizada polo presidente da FEMP Abel Caballero.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off