off
Cedeira, Galiza — 29 Setembro, 2017 at 6:47 a.m.

O Concello de Cedeira incorpórase á Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás

by

[Pingota Comunicación] Pola vía de urxencia, o pleno sacou adiante por unanimidade unha moción presentada polo equipo de goberno pola que o Concello de Cedeira se incorpora á Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás, rexeita a xestión por parte da Fundación Nacional Francisco Franco do programa de visitas á que aínda hoxe é residencia de verán da familia Franco e apoia ao Concello de Sada na súa demanda de facerse cargo delas. A corporación entende que a “adquisición do pazo aos herdeiros da Condesa de Pardo Bazán foi un roubo e un espolio continuado” e os metodos que
se utilizaron “fraudulentos”.

 

 


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación.O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.


 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off