off
Galiza, Movementos sociais, Política — 29 Setembro, 2017 at 9:18 a.m.

Abren expediente sancionador a 115 persoas polas manifestacións en apoio Escárnio e Maldizer

by

Días despois das manifestación do verán contra o desloxo do Escárnio e Maldizer, Santiago Villanueva,  delegado do goberno en Galiza, afirmaba que as 116 persoas identificadas na mobilización ían ser propostas para sanción por dúas faltas graves: desobediencia ou resistencia á autoridade e por  térense “negado a disolver reunións e manifestacións en lugares de tránsito público cando o ordenen as autoridades”. As multas varian entre 601 e  30.000 euros.

A Delegación do Goberno en Galiza comezou a comunicar sancións impostas a persoas que supostamente participaron na manifestación en apoio ao CSOA  o  mes de xullo en Compostela.

Esculca, Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades, afirma que segundo a Delegación foron abertos 119 expedientes a 115 persoas. 109 expedientes corresponden a infraccións graves por desobediencia. As 10 restantes corresponderían a un delito leve por exhibición de “obxectos perigosos con ánimo intimidatorio”.

O desaloxo do CSOA provocou manifestacións e concentracións de rexeitamento, así como a solidariedade para con este centro social do resto de CS de Galiza e diferentes colectivos sociais.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off