off

O TSJC ordena aos Mossos, á Polícia Nacional e á Garda Civil que fechen as instalacións públicas para evitar o 1-O

por Redacción

A CUP chama a rachar os precintos dos colecios eleitorais.Colau envia unha carta aos alcaldes europeus denunciando a represión do goberno español. A xente comeza a autoorganizarse para  defender o dereito de votar o 1-Outubro, mesmo aqueles persoas que non sendo independentistas partillan que o reto arestora, coa Garda Civil perseguindo e precintando , é a defensa do voto, dos dereitos dos cataláns.


O maior dos Mossos, Josep Lluís Trapero, viña de reclamar “mandamento xudicial” á  fiscalia. A reunión na que participaron na Fiscalia Superior de Catalunya, o coordinador policial do 1-O,  coronel da Gardia Civil Diego Pérez de los Cobos; a maior dos Mossos d’Esquadra, Josep Lluís Trapero,e os xefes caps da Policia Nacional e  Gardia Civil na Cataluña, Trapero reclamou unha orde xudicial para cumprir a instrución da fiscalia de precintar colexios eleitorais xa que algúns son de propiedade privada.

Tal e como está acontecer estes dias, cunha celeridade que causa pasmo, maxistrada Mercedes Armas, do Tribunal Superior de Justícia de Catalunya (TSJC), ordenou onte aos Mossos, a Policia Nacional española ea Garda Civil que fechen até o 1 de outubro os locais e edificios públicos ou espazos onde se poidan emprestar a calquer tipo de servizo público, co alvo de impedir a celebración do referendo. Exixiu tamén que a fiscalía deixa de facer pescudas, actuacións e instrucións vinculadas ao 1-O.

O escrito do maior dos Mossos dirixido á Fiscalía tamén afirma que as ordes da fiscalía de fechar hospitais, centros médicos e casals de gent gran ( residencias de vellos) “poderían afectar na prestación de servizos esenciais e mesmo poderían afectar a dereitos fundamentais dos cidadáns”.

1 Comentario

  • Se lles foi a man con pechar servizos basicos como hospitais e centros medicos. Ata onde chega a psicosis? De tolemia.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: