off

Un ataque á democracia con Cataluña como coartada

por Editorial

Novos exemplos da absurdidade na que instalou o goberno Rajoy: agora comparan  o referendo catalá co 23-F.  O pròprio Fiscal Xeral do estado vén de afirmar: “terémonos que esforzar por non ir alén da lei” (sic). É función do fiscal xeral ir apuntando polos medios de comunicación a posibel detención de Puigdemont? A quen dá azos afirmacións deste tipo?

Vaise perfilando unha Constitución a medida dos que non  a querían no 78. Unha posesión progresiva,  arestora acelerada. Parece que en España quen se ten radicalizado son os Rajoy, Fernández Díaz, Aznar, Méndez de Vigo, Piqué,  Pérez de los Cobos …e as baronías do PSOE.

Ameazas, intimidacións e represión.  Maza ameaza agora con deter ao president Carles Puigdemont. O procurador xeral do estado José Manuel Maza  afirmou que Puigdemont poderia enfrentar a acción por desobediencia, violar os deberes públicos e uso indebido de fundos públicos para proseguir co referendo. A Garda Civil intervén a web da ANC e a entidade crea outra en menos de dúas horas. A fiscalía ordena aos Mossos indentificar os responsábeis dos colexios eleitorais. El País  informa que 3 de cada 4 antidisturbios da policia española están deslocados na Cataluña. O que vén sendo 2000 dos 2700 axentes da Unidade de Intervención Policial (UIP).

O Tribunal de Contas, que  o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid ten condenado 4 veces por nepotismo (arranxou un concurso para a praza do irmao de un dos xefes), vén de imporlle unha multa de 5 millóns de euros ao expresidente Artur Mas e as conselleiras Rigau e Ortega  ( que nen sequer foran acusados de malversación) por teren convocado eleccións o proceso participativo do 9-N de 2014, unha proposta que formaba parte do programa eleitoral, que entón non foi impugnada por ninguén mas tivo o éxito de ser apoiada polos eleitores. Unha astronómica multa por mercar computadoras.  Culpábeis portanto de  teren excutado un mandato eleitoral e  ter posto urnas para que a xente se expresar?

Sabido é que o Tribunal de Contas  nada fixo para atallar o desvio e malversacion  de centenares de millóns de euros en casos de condeas por corrupción política…Un Tribunal desta fasquía está pensado para esto? Repárase que estas tres persoas formaban parte das estructuras políticas constitucionais e autonómica desde hai trinta anos. Casualidade? Porque non se iniciaron este tipo de procedimentos contra responsábeis  políticos condeados por casos de corrupción? Non está fora dos seus límites e competencias do Tribunal de Contas?( será por iso que nen sequer foran acusados de malversación?)

Con estas medidas, o está a acadar o estado español é perder o pobo catalá e minar os dereitos fundamentais da cidadanía. Porque a suposta malversación de fondos que argumenta o Tribunal de Contas foi un gasto para uso público e á vista de todo o mundo e non para mercar un chalé.  Defende o Tribunal o estado de dereito? Chegamos ao punto no  que o poder constituido pode facer o que lle pete (vulneracións de dereitos fundamentais, fecha webs, identifica xornalistas no seu posto de traballo ou á xente na rúa por repartir papeletas, etc). Estas medidas non están a rachar as costuras do “estado de dereito” que din defender custe o que custe? Chamanlle “estado de dereito” ao que non é mais ca unha defensa esencialista de España? Cos bimbios da ameaza e a represión pretenden que os cidadáns cataláns se identifiquen cun proxecto de futuro común?

Un aviso aos navegantes de cara ao próximo 1-O e o que veña despois.

 

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: