off
Movementos sociais, Politica internacional — 26 Setembro, 2017 at 10:01

O Curdistan iraquiano decide rachar con Bagdá

por Redacción

A grande participación no referendo reforza a vitoria do “sí”, a falta do resultado oficial. Malia a campaña de boicot de  Gorran (Movimento polo Cambio) e o Grupo Islámico do Curdistan (Komal) os dias anteriores ao plebiscito,  ao cabo, as dúas organizacións chamaron á participación dos seus seguidores. Omer Saed Ali, líder de Gorran, afirmou despois de e votar que optaran polo si.

En Kirkuk, un territorio inzado de pozos de petróleo disputados polos gobernos de Bagdá e Irbil, a participación foi do 78,77%.

A poboación curda participous masivamente, saindo despois á rua para celebralo con berros e salvas  de fusil. O  gobernador de Kirkuk, Najmaldin Karim, pideu “contención nas celebracións” para evitar o confronto entre os turcmans e  árabes residentes na cidade.

Ameazas do Iraque e Turquía

“O referendo do Curdistán é un declaración de guerra contra a unidade do pobo do Iraque”, afirmou o vicepresidente iraquiano Nuri al-Maliki.O primeiro ministro, Al-Abadi, ordenou “o deslocamento de tropas para protexir os  habitantes das zonas en disputa con Irbil”.

“Após iso xa veremos a quen venden o seu petróleo”. A torneira témola nós e estan acabados no momento na que a fechemos” ameazou onte o presidente turco  Recep Tayyip Erdogan. Acrescentando  que a “entrada e a saída de persoas  estará prohibida a fronteira co Iraque”.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: