off
Cultura, Galiza, Língua, Música — 26 Setembro, 2017 at 6:58 a.m.

Festival Rosalía o 29 e 30 en Compostela

by

Organizado pola Deputación da Coruña coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e a Fundación Rosalía de Castro.


O festival Rosalía contará coa actuación de Abe Rábade xunto con Nastasia Zürcher, Najla Shami, Uxía Senlle con e Sérgio Tannus e Santi Cribeiro, e Xiana Lastra con Andrea Porto. A poesía virá nas voces de Anxo Angueira, Cesáreo Sánchez Iglesias, Marta Dacosta e Rosalía Fernández Rial. A gala estará presentada pola poeta e actriz Lorena Conde e dirixida por Avelino González e a entrada será gratuíta previa retirada no Teatro Principal (de martes a sábado en horario de 18-21h).

No seguinte día, o sábado día 30 de setembro, terá lugar a feira de produtos coa “marca Rosalía”, coa participación dunhas vinte empresas que fabrican camisolas, bixutería, cervexa, sacas, libros ou discos coa escritora como protagonista. O mercado rosalián instalarase na Praza de Cervantes e estará aberto de 11 a 20 horas. A Banda Municipal de Santiago inaugurará a feira na que, ao longo da xornada programaranse actuacións do grupo Habelas Hainas e a compañía de Larraitz Urruzola con música e monicreques arredor de Rosalía.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off