off
Movementos sociais, Politica internacional — 25 Setembro, 2017 at 9:30 a.m.

Os curdos merecen ser ouvidos

by

Os curdos iraquianos  exercen hoxe o direito á autodeterminación – consagrado peola Carta da ONU, embora moitas veces ignorado – nun referendo que acrescente o seu grau de autonomia.


Hai 30 millóns de curdos no Iraque, Turquia, Irán e Síria, que constituen unha nación sen Estado. Os curdos procuran recoñecimento das potencias occidentais espois do seu papel fundamental na loita contra o Estado islámico malia a negativa do resto do Iraque, o Irán, os EUA, a Arabia Saudita, a UE e o Reino Unido co argumento de que a secesión curda afondaría as divisións étnicas nunha rexión inestábel. A rexióon curda iraquiana planexa realizar o referendo nas 3 províncias que compoñen a rexión autónoma e en áreas disputadas controladas por forzas kurdas, mas reivindicadas por Bagdá. As Nacións Unidas pediran que o líder curdo iraquiano, Masoud Barzani, deixase planos para o referendo da independencia e entrase en negociacións con Bagdá para chegar a un acordo dentro de tres anos. No entanto, o primeiro-ministro iraquiano, Haider al-Abadi, di estar preparado para intervir militarmente se o referendo de independencia da rexión kurda for resultar en violencia. Nun documento consultado pola Agence France-Presse afírmse que Jan Kubis, o principal enviado da ONU no Iraque propón “negociacións de parceria estruturadas, sustentadas, intensivas e orientadas para resultados … sobre como resolver todos os problemas e cuestións pendentes” entre Bagdá e Erbil,capital da Rexión Autónoma Curda ou Curdistán iraquí.

Segundo Barzani, non hai volta a unha alianza cun estado teocrático e sectarista: “Chegámos à conclusión de que só através da independencia podemos asegurar o noso futuro sen as atrocidades que sofremos no pasado. Podemos dar mais tempo para asegurar a fórmula de “dois bons viciños” entre Bagdad e o Curdistán, mas quero subliñar que nunca mais vamos renegociar con Bagdad a parceria fallada que tivemos no pasado.”(Euronews)

Os curdos non-árabes – mais de 25 millóns de persoas espalladas por todo o Iraque, Turquia, Irán e Síria – hai moito procuraran un estado próprio. Porén, é a primeira vez na história que os curdos estan determinando o seu próprio destino nun proceso participativo. Barzani ten afirmado que un voto afirmativo non provocaria unha declaración de independencia imediata, mas si lanzaria “discusións sérias” con Bagdá. O Irán, cunha minoria kurda considerábel, alertou no domingo que a independencia iraquiana dos curdos significaria o fin da fronteira e de acordos de seguranza co KRG. Segundo algúns analistas, Barzani está usando o referendo como alavanca nas disputas de longo prazo do goberno rexional kurdo (KRG) coas autoridades federais en Bagdá sobre o território e as exportacións de petróleo. A província de Kirkuk, rica en petróleo, tamén é disputada por Bagdá e Erbil. Porén, a economia do KRG é fortemente dependente das exportacións de petróleo através dun oleoduto que atravesa a Turquia até o Mediterráneo. A Turquia deixou claro que non aceitará alteracións na fronteira.

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off