off

Un centenar de académicos británicos asinan un comunicado que condena a represión de Madrid

by

Alén diso, un grupo de deputados e pares escribe outra carta  para denunciar os intentos de España de blocar o referendo en Cataluña.”Desculpe, España. A Cataluña votará pola independencia goste ou non”, escribe Puigdemont no ‘The Washington Post’


Na carta publicada por The Guardian, malia recoñecer que deputados e pares teñen diferente opinións verbo do procés “todos coincidimos en que o problema debe ser decidido polas persoas de Cataluña de forma democrática e pacífica. Estamos extremadamente perturbados polas medidas adoptadas polo goberno español para impedir o referendo, acordado polo Parlamento de Cataluña, o 1 de outubro”[…]”Cremos que a forma democrática de proceder sería que os opositores da independencia catalá poidan facer campaña no referendo. Esa foi a postura do goberno británico respecto ao referendo de independencia escocés en setembro de 2014.”

E remata: “Este referendo foi acordado democráticamente polo Parlamento de Cataluña.Intentar impedir ou detelo mediante sancións, acusacións criminais e accións directas por parte do estado español é unha afrenta á democracia e ameaza con amargar as relacións entre Cataluña e o resto de España”.

Académicos británicos exixen rematar coa represión política e que se permita votar

Tamén un grupo de académicos que  traballan nos ámbitos da lei, os dereitos humanos, a política, a socioloxía, a historia e asuntos relacionados no Reino Unido e Irlanda, veñen de escribir unha carta sobre a represión política que está a levar a cabo o goberno español e a policía nacional para evitar a Goberno catalán celebrar un referendo sobre a independencia”. E lembran que “o artigo 155 da Constitución española afirma que o goberno só pode obrigar a unha comunidade autónomaa levar a cabo accións legais co consentimento previo dunha maioría do Senado español. Non se produciu tal voto”. A carta finaliza expresando preocupación  e exixindo  que “España deteña inmediatamente a represión política en Cataluña e permita aos habitantes de Cataluña poder expresar libremente as súas opinións políticas […]”porque o nivel de represión política en Cataluña ten un carácter severo e arbitrario non experimentado desde a ditadura franquista.

“Desculpe, España. A Cataluña votará pola independencia goste ou non “

Puigdemont cualifica nun artigo publicado en ‘The Washington Post’  como “profundamente ofensivo” que a polícia estexa traballando para “impedir o exercício democrático” en vez de “prevenir posíbeis ataques”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off