off
Economía, Editorial, Estado, Política — 22 Setembro, 2017 at 09:34

Aprobará Rajoy os orzamentos grazas ao apoio dun partido soberanista chamado PNB?

por Editorial

Urkullu pediu no discurso que abriu o debate de política xeral a legalización dos referendos sobre a autodeterminación, apostando por unha España confederal que “recoñeza as realidades nacionais basca, catalá e galega” e que na práctica está a ser moi vantaxosa para o Partido Nacionalista Basco xa que ten negociado un compromiso de 4.000 millóns en cinco anos. Gaño beneficio do concerto basco que contrasta coa recén intervida autonomía catalana e coa renuncia da Xunta de Núñez Feijoó  a denfender as mínimas competencias  de Galiza. Arestora o proceso catalán  non convén nen a PP nen a PNB. No entanto, EH-Bildu pediulle  renunciar ao pacto co PP e ficar ao lado do pobo catalán. Mesmo sendo improbabel que o PNB mude sua posición, o xesto de onte tamén coloca nunha tesitura desconfortábel a Mariano Rajoy: deberá admitir que o PP pode aprobar os orzamentos grazas ao apoio dun partido soberanista, que defende posicións claramente inconstitucionais. Se Rajoy fose consistente ,  só podería ter  acordado cos partidos que defenden a soberania española, debendo renunciar ao apoio dos nacionalistas bascos. Porén, mesmo sendo unha estratexia direccionada e orquestrada para tapar  a corrupción do PP – un administrador do seu partido onde debería haber un estadista- e recuperar o voto en España, o acrítico cuanto unánime sistema mediático español celebrando o despregue autoritario semella non ter valorado o alcance, con efeitos intanxíbeis no mapa político español(repárese nos últimos movimentos de Podemos).

A decisión do PNB de conxelar seu apoio aos orzamentos após a macrooperación da Garda Civil contra posicións da Generalitat está a abanar a actual aritmética parlamentar. As imaxes da cuarta-feira deixaran tocados os nacionalistas bascos. O PP non pode evitar mostrar o seu descontentamento, xa que planexa oferecer para hoxe unha imaxe de normalidade institucional coa aprobación dos orzamentos no consello de ministros. Mas a sombra do que está a acontecer na Cataluña é comprida de máis.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: