Exixe a devolución do Pazo de Meirás e outros bens roubados ao pobo galego e a ilegalización da Fundación Francisco Franco
Fontes do BNG asinalan que a própria portavoz da formación, Ana Pontón, encabezará a delegación que presentará a denuncia ante a delegación da ONU en Xenebra.
“Polo que significa o espolio do Pazo de Meirás que pagamos os e as galegas case que a punta de pistola e tamén contra a impunidade do fascismo en España, porque é incrible que haxa persoas perseguidas pola súa opinión, por defender a democracia e, ao mesmo tempo, se permita a exaltación do fascismo sen que haxa ningún tipo de consecuencia”, denuncia.
“É algo que como demócrata me indigna, ver como o Estado español fai a vista gorda fronte a unha fundación que fai exaltación dos crimes do franquismo. Chegou o momento de dicir basta xa e nunca máis franquismo”, afirma.