off

A Autonomía catalá, suspensa. Axentes da Garda civil deteñen ilegalmente altos cargos do Govern da Generalitat

by

 O ministro de facendo español, Cristóbal Montoro, enviou una fax á Vice-presidència notificando a intervención económica da Generalitat. O xornal Vilaweb califica a detención de 12 altos cargos do Govern de “Cop d’estat contra la Generalitat” (Golpe de estado contra a Generalitat). O Ara.cat informa que  irromperan no departamento de Enonomía, Benestar e Asuntos Sociais, o Departamento de Governación, Exteriores, na  Administración Aberta de Cataluña, no ICF e no CTTI.  Na mañá de hoxe a autonomía catalá ficou suspensa


Axentes da Garda Civil e dos Mossos d’Esquadra dainte do Departament d’Economia | Adrià Costa | Naciódigital. CC BY-NC-ND 3.0

O Congreso negaba na terza feira o seu aval á política represiva do Goberno Rajoy, rexeitando unha iniciativa de Cs,  mais hoxe os aparatos do Estado veñen de agravar a escalada de tensión coa entrada de efectivos da Garda Civil nas dependencias de catro consellarías do Govern.

Albert Mercadé @albertmercade Ara mateix davant del Dep. d’Economia. Rambla Catalunya ple des de Gran Via fins Diputació. @maticatradio @CatalunyaRadio 11:12 – 20 set. 2017

Co obxectivo de evitar o referendo do primeiro de outubro, os axentes detiveron unha ducia de altos cargos entanto a cidadanía se ia concentrando diante das consellerías para protestar contra as accións da Garda Civil, curtando as avendidas Gran Via e a Via Laietana en concentración das institucións catalanas.   CC.OO e Intersindical xa condenaran a actuación da Gardia Civil.

Segundo  “Premsa de Governació” a Garda Civil entrou ás 11 no sétimo andar, onde está o despacho da conselleira Meritxell Borràs. Hai axentes distribuidos no  7 e 8 andar do departamento de Economia. O director de Patrimoni, Francesc Sutries, fica retido na súa casa. Os axentes leronlle os dereitos e estan a rexistrar os cuartos da súa casa en Rubí. Segundo a axencia EFE, a Gardia Civil secuestrou papeletas do referendo nun armazén de Bigues i Riells.  Carles Puigdemont, fará unha declaración institucional após  reunión d’urxencia do goberno.  En paralelo, contra das once, traballadores do departamento de Asuntos Sociais curtan o paseio de  Taulat.  Berros de “fora les forces d’ocupació”,   “democràcia”,  e “volem votar” diante dos axentes Garda Civil na Rambla Catalunya.

O Estado vén de informar ao Govern que Hacienda fica coa xestión de  4.500 M€ do orzamento da Generalitat. O ministro de facendo español, Cristóbal Montoro, enviou una fax á Vice-presidència notificando a intervención econòmica da Generalitat. O xornal Nació digital informa que o secretario de Economia, Pere Aragonès,anunciou que ten informado ao BCE sobre a vulneración de dereitos e o risco que supón para a estabilidade política e financieira.

Contra das 11:48  na Rambla de Catalunya entre as persoas concentradas na rúa Ramon Tremosa, Neus Munté, Albano Dante Fachin, Josep Maria Castellà, Joan Rigol, Mercè Conesa, Núria de Gispert, Joan Giner, Alfred Bosch, Miquel Calçada, Roger Torrent, David Bonvehí, Salvador Cardús, Xavier Rubert de Ventós…A ANC e Òmnium fixeron un chamdo a defender as institucións catalás.

Estas son as consellerías e empresas intervidas:

  • Conselleria d’Economia. Rambla de Catalunya 19, Barcelona
  • Conselleria d’Exteriors. Carrer de la Pietat, 4 Barcelona
  • Conselleria de Benestar i Família. Passeig del Taulat, 266-270, Barcelona
  • Conselleria de Governació. Via Laietana, 26 Barcelona
  • Empresa Indra. Carrer de Roc Boronat, 133 Barcelona

Na mañá de hoxe a autonomía catalá ficou suspensa. Con ela, o estado de dereito.Un retorno do autoritarismo  en España que xa está a ter repercusión da imprensa internacional.Con esta perda e devalo de dereitos quen terá un problema o dia 2-O será a cidadania española.

 

Na imprensa internacional

 

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: