off
Editorial, Estado, Movementos sociais, Política — 19 Setembro, 2017 at 08:23

“Incompetencia e caos”

por Editorial

Así definía El País o 7 de decembro do 1978 a votación da Constitución. A ollada do retrovisor a veces tén a virtude de colar o principio de realidade.


Nin máis nin menos que de “incompetencia e caos” intitulaba El País no editorial após votación da Constitución española do 78.  A lei suprema e inalterabel da modélica Transición semella que foi refrendada malia  “millares de cidadáns que quixeron votar non puideron finalmente facelo”. Porén, a pesar dos laios, no que se denuncia, por certo que “30% d’irregularidades censais  en províncias como Ourense”, o relato posterior foi teimudamente requintado até ao exaxero e a  súa mitificación oficial.

E acrescenta: “De feito, onte foi votado -increíbelmente- sen un censo oficial e pechado e no contexto dun notabel caos de listaxes nas que houbo duplicidades, ausencia de baixas, desaparicións inxustificadas de moitos electores do 15 de xuño e a incorporación desordenada ao censo dos novos electores entre os dezaoito e vinte e un anos”.

“A impresión xeral nas salas de prensa é que a Constitución foi ampliamente aprobada, mas tamén que a abstención foi maior do esperado”.  Unha abstención do 32,89 que parece ser non lixou  que unha cousa tan profana acadara o carácter sagrado que hoxe desperta con intres de auténtica pulsión erótica colocando no mesmo nível Constitución e Código Penal. Quer dicer, unha sublimación represiva que está a levar ás institucións españolas a unha racionalización instrumental (o mecanismo xudicial) que só apela aos límites definidos por aquela Constitución do 78 aplicando a legalidade ao prezo de cousificar e blocar o debate político.

Afirmábase no editorial do 7 de decembo do 78: “Esta é, evidentemente, unha notícia que embaza o panorama até certo ponto. Mas o que mais o embaza é o aparente desexo de esconder a cabeza como avestruces: se a democracia ten un valor, é porque as urnas falan, mesmo cando non gostamos do que din”. Vaites, vaites…

Corenta anos despois, Rajoy practica taumaturxia no canto de política (depois do 9N parecía que seria quen de ofrecer algo máis), négase a pactar un referendo, que sería a súa obriga mesmo coa intención de gañalo, mas prefire a suposta utilidade a curto prazo do poder coercitivo (apesar das formas pacíficas e respectuosas da sociedade civil catalá) que é cego e irracional frente aos fins. Porque o que fica na retina é o desatinado espectáculo da Garda Civil apañando urnas e papeletas (esta mañá rexistraba a empresa de mensaxería Unipost no Hospitalet de Llobregat e en Terrassa) ou entrando nas redaccións de determinados medios de comunicación.

Verbo do referendo do 1-O de 2017 en Cataluña, a ollada do retrovisor a veces tén a virtude de colar o principio de realidade política, que fica ben lonxe do que afirman as leis que é a realidade política. Obvio para quen alicerce a súa reflexión na historia ou na xenealoxía das ideas, mas non tanto en quen desde a única narrativa da súa formación xurídica (fixación do modelo de estado do temario das oposicións) teñen responsabilidades políticas. Cando falamos de legalismo ideolóxico referimos ese devalo autoritario, o déficit na separación de poderes, que leva aos políticos (a dereita e aesquerda) a axiren como avogados ou fiscais do Estado ( segundo o marco legal actual son ilegais os referendos?).  De momento a súa eficacia é a do curtísimo prazo próprio da domesticidade sen horizonte, a pròpia dun estado cuns índices de corrupción por riba dos estados da contorna e cun fraude fiscal que duplica a media da UE, emporiso eses indicadores e tics autoritarios están a afortalar o favor internacional a prol da autodeterminación de Cataluña  . Imos ver alcaldes eleitos pola xente detidos pola polícia cousa que non fixeron cos ministros franquistas? Todo moi elevado e edificante.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: