off

Acto en apoio ao referendo de Catalunya

by

Galiza Nova,  organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego, convoca esta terza feira un acto en apoio do referendo de autodeterminación de Catalunya na aula 1 da Faculdade de Filosofía da USC  ás 18 horas.


Baixo a lenda A loita pola liberación dos pobos, unha mesa redonda coa participación de Pernando Barrena, responsábel internacional de Sortu; ; Pau Morales, voceiro das JERC (as mocidades de ERC); Gonzalo Bonnin, membro da sectorial internacional das JERC; e Navia Rivas, responsábel internacional de Galiza Nova e integrante do Consello Nacional do BNG

É o segundo acto que se fai en Galiza  en apoio ao referendo de autodeterminación, despois do celebrado na Gentalha do Pichel de Compostela, coa participación de Mònica Pujades, portavoz das Assemblees de Joves per la Unitat Popular; Óscar Condamines, integrante de Universitats per la Repùblica; e Noa Presas, parlamentar do BNG e militante de Isca, a formación xuvenil organizadora do evento.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off