off
Europa, Mundo, Politica espanhola, Politica internacional — 18 Setembro, 2017 at 9:55 a.m.

Denuncian a España na UE por incumprir a cota de acollimento de refuxiados

by

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas convocará entre este martes 19 e o vindeiro martes 26 unha concentración diaria ás 20 horas na Praza do Toural, en Santiago de Compostela. Cando resta unha semana para completar o prazo, apenas 13% dos refuxiados comprometidos chegaran, de acordo con Oxfam Intermón.


A ONG enviou unha demanda a Bruxelas porque a España ten um nível de incumprimento maior do que o de outros países. Na Franza, por exemplo, a taxa de abrigo para refuxiados é superior a 21% e na Alemaña atinxe 28%. Por outro lado, a España cunha cota de conformidade inferior de 13% está á cauda do comboio nestes compromisos, mais perto de países cunha renda por capita moito menor, como a Croácia (8% de cota a acollida) ou a Bulgária (17%).

España só acolleu a1.983 persoas das 17.337 comprometidas pola cota obligatoria da Unión Europea (UE).

“A España está lonxe do grau de cumprimento de outros estados da contorna e cun PIB por capita comparábel”, dise o diretor da Oxfam Intermón, Francesc Mateu. É por iso que o segundo documento que a ONG enviou a Bruxelas é un pedido para implementar mecanismos que obrigan o Estado a cumprir. No momento, a Europa só criou mecanismos de sanción para os Estados que se opoñen abertamente a acoller refuxiados como a Polonia, a Hungria e a Eslovenia.

Abrir o camiño sancionador
O que procuran as exixencias da Oxfam  é que Bruxelas resposte antes de 26 de setembro, que é a data en que a resolución sobre a recepción dos refuxiados é debida. Se non o facer, neste dia, os estados serán “liberados de todos os compromisos” e, portanto, non haberíaa base xurídica para iniciar un proceso xudicial que poda terminar em sanción.

Seis medidas

Oxfam Intermón presentara en xullo de 2017 seis medidas para que o Goberno español podera cumprir antes de 26 de setembro:

  1.  Crear un modelo de asilo máis descentralizado, áxil e coordinado con entidades locais e concellos e mellor adaptado ás necesidades dos refuxiados.
  2. Máis recursos humanos e orzamentarios para a Oficina de asilo.
  3. Máis expertos para axudar a racionalizar os procedementos de solicitudes de asilo en Grecia e Italia.
  4. Abrir o programa de reasentamento con Xordania.
  5. Trasladar mensalmente dende Grecia ou Italia en cumprimento da solicitude da Comisión Europea (en maio non se fixo e en xuño chegaron a menos de 200 persoas a quen se lle prometera traer cada mes).
  6. Mellorar as condicións de acollida para que os refuxiados que queren vir e / ou non queran ir embora unha vez que cheguen ao estado español.

Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas

Para denunciar este incumprimento dos compromisos do estado español,  a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadasa  convoca entre hoxe o vindeiro martes 26 unha concentración diaria ás 20 horas na Praza do Toural de  Santiago de Compostela. En  cada xeira soará unha alarma e lerase un manifesto que reclama asilo ás 17.337 persoas ás que hai dous anos o goberno español se comprometeu a acoller.  A  cita contará coa presenza de actores coma Carlos Blanco e Monti Castiñeiras, o adestrador do Obradoiro Moncho Fernández, a cantante Uxía Senlle, a escritora e profesora Marilar Aleixandre, os directores de cine Alfonso Zarauza e Fernando Cortizo, e o teólogo Andrés Torres Queiruga.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off