off

Montoro  lanza un ultimatum de 48 horas para intervir as contas catalás

por

Anunciouno hoxe no consello de ministros. Montoro  lanza un ultimatum desafiante de 48 horas a Puigdemont para conxelar parte do orzamento de Cataluña e garantir que non gasta no referendo. O ministro do Tesouro anunciou este venres as medidas que o Estado usará despois de que a Generalitat “desconectase” da súa “obriga” de informarlo semanalmente. O ministro Montoro esixe agora a Puigdemont  un acordo de non- dispoñibilidade de crédito de todo o orzamento da Generalitat que afecta a todas as partidas, agás as nómina vinculadas a Saúde, Educación e Servizos Sociais. Se Puigdemont non cumpre, será o mesmo ministro de Finanzas que o faga, xa que logo, as contas catalás estarían intervidas “de facto”. Sería o Tesouro español quen, segundo  Motoro,  pagaría “a maior parte das nóminas”.

‘Insistiremos tamén no feito que a Generalitat non pode facer ningún pagamento que non esté acreditado de abondo e traballaremos para que non se materialice ningún pagamento deste tipo”, afirmou.

Outra medida é que todas as operacións de débeda pública que a Generalitat quiser realizar deben ser aprobadas polo Ministerio de Facenda. Até agora tiñan a obriga de propoñelo ao consello de ministros, mas  agora o proceso é atallado e depende directamente da aprobación do ministro Montoro. Débese lembrar que a Generalitat a través do seu vicepresidente económico, Oriol Junqueras, xa explicou que pretendían abandonar o FLA e voltar aos mercados o vindeiro ano.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: