off
Galiza, Meio ambiente — 15 Setembro, 2017 at 10:12 a.m.

Chega o outono baixo influencia anticiclónica

by

Vai chegando  o outono, cada vez máis presente, con entrada aire frío das altas capas da atmosfera, persistindo certa inestabilidade atmosférica. Deste xeito, segundo MeteoGalicia, agárdanse ceos alternando nubes e claros, con chuvascos máis probables no terzo norte norte de Galicia. As temperaturas sufriron un moderado descenso sendo notable no interior, e as máximas seguirán en lixeiro descenso. O vento soprará moderado de compoñente norte e axudará aumentar a sensación térmica de frío.

Mañá sábado os ventos do norte continuarán achegando aire húmido procedente das latitudes máis septentrionais. O domingo, malia  situación de predominio de influencia anticiclónica,   unha fronte se achegará polo Atlántico, o que achegará unha masa de aire húmida a Galiza. Deste xeito, agárdanse ceos anubrados en xeral, con máis claros canto máis ó sur e posibilidade de chuvascos no litoral norte.  Os ventos soprarán frouxos do nordés, con intervalos de moderado no litoral  da Coruña e réxime de brisas nas Rías Baixas. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas subirán na Mariña Luguesa pero baixarán no oeste de Galicia. Os ventos soprarán do sudoeste, frouxos en xeral, moderados con intervalos fortes no litoral norte. A semana comezará coa mesma situación, agárdanse ceos máis anubrados canto máis ó norte, onde mesmo non se podería descartar algunha precipitación feble, illada e ocasional ás primeiras horas. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente oeste, frouxos.

Punta Candieira (Cedeira, A Coruña). Última actualización: 15/09/2017 11:49 (5 of 7) Fonte: MeteoGalicia

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off