off
Cedeira, Cultura, Música — 14 Setembro, 2017 at 08:59

Cantos, contos e músicas da lusofonía en Cedeira

por Redacción

[Pingota Comunicación] Este sábado comeza na vila de Cedeira unha nova edición do programa “Cantos e Contos ao Solpor”, unha iniciativa do Concello para transitar do verán ao outono da man do teatro, a música e historias populares. A laranxeira  do Concello volve ser un ano máis a referencia para as persoas que gusten de asistir a unhas citas culturais que son de balde e que comezan ás oito da tarde. A primeira delas correrá a cargo da compañía Aldaolado, que porá en escena a obra “Cría fama e bótate a correr”, un espectáculo no que compañía foi quen de mesturar os seus mellores números con novos enredos, poemas, cancións e mesmo tamén algúns xogos.

O programa “Cantos e Contos ao Solpor” pechará o día 29 coa participación da veciñanza con relatos populares. Tamén será ás oito da tarde.

 

Músicas da lusofonía

Sara de Sousa na voz e Gom de Abadim son Falúa

As músicas galega, portuguesa e brasileira chegarán a Cedeira o día 23 coa actuación ao vivo de  Falúa, composto por Sara de Sousa na voz e Gom de Abadim na guitarra acústica, integra no seu repertorio un percorrido polos sons da lusofonia con músicas galegas, portuguesas e mesmo brasileiras. A formación folk do guitarrista mistúra­se coa tradición fadista, creando así o estilo que dá unha nova luz a temas que fan parte da historia musical lusófona.

 

 

 

 

Cinema no Auditorio

O Concello recupera  a partires do día 17 de setembro, a programación de cinema no auditorio. Esta primeira proxección arrincará ás 20.00 horas co filme “100 años de perdón”. Un thriller visceral de denuncia e compromiso de Daniel Calparsoro coas boas interpretacións de Luis Tosar e Rodrigo de la Serna. O prezo da entrada é de 3 euros. A sesión está aconsellada para maiores de 12 anos.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: