off
Movementos sociais, Opinión, Política, Sen categorizar — 14 Setembro, 2017 at 09:51

Ars associandi ou o retorno do pobo

por Gabriel Beceiro

O proceso cara o referendo catalá do día 1 de Outubro  e a reacción do Estado español producindo estereotipia a partires da tipificación xudiciaria de “populismo”(a de “tumultuaria” non é mais do que un enredo  que o concepto de “populismo” permite) ou, máis precisamente, unha nesgada noción de “populismo” que lle permitiu a unha democracia liberal caracterizada por un forte nacionalismo de estado, xunguir forzas  nunha lexitimidade incuestionada para ir elidindo afrontar sen rodeos e de maneira específica a demanda catalá mas tamén outros temas como a corrupción, o autoritarismo, a xenofobia e as desigualdades. Un xeito empregado polas democracias liberais emprazadas para elidir toda responsabilidade autoritaria, excluinte e desigualitaria. O perigoso roteiro de colocar no mesmo saco formacións e proxectos que non teñen nada a ver, desde o proceso catalá de constitución política, os outros soberanismos e a esquerda libertaria até os partidos neofascistas e xenófobos.

Por que  tanta confusión de nomes? Talvez polo retorno da noción de pobo. Por outras palabras, a unívoca resposta do goberno español, construida na pasaxe a través do eido xurídico, facilita que desde a teoría do poder nos podamos achegar á demanda catalá de constitución política dun suxeito soberano. A partir da idea de que facer política en nome do pobo é a forma elementar de populismo. Sobre este alicerce é preciso avanzar unha desvalorización segundo a cal é tan populista Trump como Pablo Iglesias. Cando Espinosa afirma que o noso dereito natural é coextensivo co noso poder, vén dicir que non hai nada de trascendente fora do eido imanente de forzas que poida impor orde social ningunha e, portanto, calquera idea de deber ou moralidade depende da afirmación do noso poder e ser secundaria respeito dela. Ben para construir pobo ou emponderalo desde a diversidade de prácticas e formas de vida radicadas  que non caben nas formas de representacion actual. Construir pobo a partires de demandas parciais seria pasar do plural ao singular sobre a base dunha carencia. A súa unidade, quer como estado, quer como clase, compite conoutras formas de representación da unidade do pobo que non por vacías e óbvias como a de nacionalismo de estado, son menos reais. O problema non está porén en opór as democracias liberais aos populismos, mas na apropriación das liñas de demarcación do nós e, portanto, no apoderamento da cesura entre nós e eles, no aquí e no agora. Acho que este é o problema que cómpre asisar e  para o que non temos resposta porque non o acabamos de ver. Talvez só recoñezamos os efeitos de apropriación da liña de demarcación producidos desde cada instancia.

A prioridade absoluta da legalidade, por exemplo, non participa da elementar obertura da visión liberal, unha concepción aberta á intervencion das creacións política e o devir social. A prioridade do dereito alicerza nas estructuras verticais de orde e por iso non pode ver , ritorno ai principi de Maquiavelo( isto é, o retorno aos princípios da república)que debe recibir unha determinación imanente, e portanto, sempre suxeita a reestructuracion e reforma na liña en que os communards de 1871 reclamaban que toda representación debe ficar suxeita á súa revocación imediata. Mas este retorno ao princípio supón a obxetividade histórica e o realismo político, e o recoñecimento do princípio de seguimento e veracidade através do cal debemos aplicar ese retorno ao início. Cando a verticalidade se impón á horizontalidade da constitución material da sociedade, o eido aberto que alimenta a reunión xeral, a democracia. O que Deleuze denominada práctica de afirmación e alegría que sen perder o antagonismo interno, tende a crear planos sociais de composición abranxente. A combinación política é con certeza ars associandi (“a arte de organizar encontros”, que é cerne da política de Espinosa) que debe ser renovada a eito, permanentemente, a partires da forzas mortas da orde social. O “ponto de partida” é, por sua vez, un problema que parece paradoxal: por un lado, a imposibilidade de os individuos permaneceren (e atribuílos) a un modo invariábel de conduta – se non for indefinido – por outro, a presenza de estruturas (históricas, imaxinárias) que representan um limite co cal a virtude debe medir, de modo que sua acción se poida adaptar ás condicións de seu próprio tempo. Esta tese está no Príncipe e permanecerá estábel na totalidade de seus escritos: nen indivíduos, nen pobos nen estados poden escapar da mudanza, este é un dos pontos nodais de sua filosofia política e un dos grandes avanzos do Maquiavelo no pensamento moderno. Enxergar o desexo como poder, o desexo de non ser dominado.

A práctica social concreta desenvolvida nos últimos anos na Cataluña ofrécenos un caso de combinación de corpos sociais con relacións internas componíbeis nunha dinámica de aumento de poder  que ten acadado o seu plano de consistencia na capacidade de plantexarse a si mesma o que quere ser, o paso da afeccion pasiva alegre á afección activa.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: