off
Estado, Movementos sociais, Política — 14 Setembro, 2017 at 06:52

A Garda Civil fecha a web do referendo da Generalitat

por Redacción

Puigdemont abre outra ao pouco difundindo a súa ligazón polas redes sociais (www.ref1oct.cat). E avisa “O 1-O hase votar ainda que o Estado aplique o artigo 155″(ARA) . O presidente da Generalitat afirmaba onte á noite nunha entrevista realizada por Vicent Sanchis, xornalista valenciá director de TV3, que é  “impròpria dunha democracia a citación da Fiscalía a máis de 700 alcaldes”. Sectores da política e da xudicatura, pasmados ante a ameaza de detención para 712 alcaldes após o fiscal xeral citalos a declarar como investigados, pedínsolle aos Mossos que deteñan  se non o fan. Alén diso, o Tribunal Constitucional pide probas de obediencia aos membros da Sindicatura Eleitoral.

Podemos, ERC, PDECat, PNB e Bildu piden que o fiscal xeral compareza no Congreso polas citacións aos alcaldes.  Tamen teñen solicitardo que Rajoy ofreza explicacións, mas non teñen maioría se non suman o PSOE.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: