off
Política, Politica espanhola — 13 Setembro, 2017 at 6:44 a.m.

Un xulgado suspende un acto en favor do referendo en Madrid

by

“No ens ho impediran: vota!”: lema da campaña do Òmnium Cultural a favor do referendo do 1-O no metro de Barcelona

 Segundo avanzou onte “El País”, o xulgado contencioso administrativo número 3 Madrid decidiu suspender o acto após o PP presentara un recurso. O acto estaba organizado Madrileños poo Dereito a Decidir en apoio ao referendo en Cataluña e  Carmena cedera un espazo no centro cultural Matadero.

Na resolución, que é firme (logo non acepta recurso nengún), o xulgado argumenta que  “a cesión do local asinalado implica favorecer un acto de apoio a unha consulta convocada por unha lei suspendida na súa eficacia polo TC” e, acrescenta, “vai na contra do artigo primeiro da Constitución española”. Ainda ca sentenza é firme, o xuíz outora tres dias á parte contraria para que poida apresentar alegacións.Alén diso, afirma que entre os intereses xerais aos que ten de servir un ben municipal non hai “de maneira ningunha” a “pretensión de realizar actos públicos en favor dun referendo ilegal suspendido polo TC e que atenta directamente e gravemente contra a unidade de España”(sic.)

Coñecida a resolución, compareceu na tarde onte o portavoz municipal do PP en Madrid, José Luis Martínez-Almeida, para facer pública a súa satisfacción e clarexar que “a xustiza ten posto no seu lugar a Carmena cunha interlocutoria demolidora que obriga a rectificar”. 

Segundo o xuiz José Yusty Bastarreche  a soberanía outórgase “ao conxunto de todos os nacionais e non a cada unha das súas divisóns territoriais”, que “son continxentes e variables, como demostra a nosa  historia”. O auto ditado por este maxistrado sinala que  “non é posibel que un acto abertamente direccionado contra o disposto pola Constitución e as resolucións do Tribunal Constitucional poida contar co apoio dun concello que ” tamén ten obriga de cumprir as leis vixentes”

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off