off
Estado, Movementos sociais, Política — 12 Setembro, 2017 at 18:49

O TSJC notifica a TV3 que non pode emitir a campaña institucional do referendo

por Redacción

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña advirte ao director da televisión pública, Vicent Sanchis, das posibles consecuencias penais de incumprir a resolución do Tribunal Constitucional após ter suspendido tamén a Lei de Transitoriedade. A providència do Tribunal Constitucional (TC) anula o decreto de medidas complementares do referendo e advirte a máis dun milleiro de cargos públicos cataláns das “eventuais responsabilidades, incluída a penal”, na que poderían ter incorrido no caso de colaboraren dalgún xeito na “preparación ou organización do referendo”. Segundo exprimiu a cadea pública catalá no ‘Telenotícies migdia’, a notificación que recibiu Sanchis pídelle a TV3 que “non comece, tramita ou informe de calquer acordo ou actuación que permita a preparación ou celebración do referendo”. 

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: