off
Ciencia — 12 Setembro, 2017 at 10:49 a.m.

O ollo do furacán

by

A fotografia foi tirada o 9 de setembro. A natureza é violencia e beleza ao mesmo tempo. Xa para o Romanticismo o contido máis representativo da natureza era a treboada. A mestura de fascinio e de terror, provocado a partes iguais, son dous momentos que serviran ao home de medida do tamaño da súa soidade e do seu poder.

2017 está a ser un ano en que furacáns e tifóns están a provocar danos significativos en largas zonas do Pacífico e do Atlántico. As imaxes do monstro metereolóxico mostran a dimensión dun novo fascinio que provocan os novos medios de captura. Esa obsesión moderna por ilustrar/limitar o ilimitado. Mais unha vez o choque producido entre o “ingenium artístico”, o poder do home para alzar o seu ollo prometeico desde os ceos e o poder continuamente contrastado coa su propia impotencia no chao.



Eís a imaxe tirada polo satélite europeu Sentinela-2A e publicada on-line polo meteoroloxista finlandés Antti Lipponen. É unha imaxe que ten unha resolución de até oito metros, ou sexa, cada pixel resume as informacións de oito a oito metros de realidade. Os ollos do furacán “Irma” ( 8 de setembro) ou do “Jose” son enfitados con grande clareza, até é posibel diferenciar no centro do furacán Jose  a cor branca dalgunhas grandes ondas causadas pola perturbación./p>

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off