off
Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 11 Setembro, 2017 at 5:32 p.m.

Un millón de persoas participan na celebración da Diada previa ao 1-O

by

1 millón ou máis de persoas, 1.800 ómnibus, 2.500 voluntarios e 840 medios de comunicación acreditados.


A foto aérea difundida pola ANC é a que permite enfitar ben a magnitude da manifestación

Segundo fontes da Guàrdia Urbana de Barcelona, un millón de persoas participaran na Diada. A teimosa sociedade catalana voltou a facer unha Diada multitudinaria, pacífica e democrática. Xente de diversa condición procedente de todos os recantos de Cataluña expresándose en várias linguas. O pobo de Cataluña quer votar desde a diversidade dos conscienciados de sempre e os de nova planta. O que é un conflito político negado polo estado español- incapaz de interiorizar e enxergar as formas democráticas e que apenas sabe oferecer munición de ameazas e maquinaria xudicial- vólvese manifestar coa razón dos audaces na rúa, mesmo de xeito festeiro e gallofeiro, cun acto final na praza Catalunya  que foi un chamado a encher o xoves o Tarraco Arena (Tarragona), onde comezará a campaña unitaria  a prol do sí. Un pleno absoluto que está a ser seguido con atención na Europa desde o momento que é evidente que se trata dunha crise de Estado- portanto, un problema interno europeo- que enfita todo o mundo menos un goberno asoballado por unha realidade que axudou a crear e que teima en negar.

Wikileaks  vén de difundir 1.500 cables diplomáticos sobre Cataluña (1.505 documents enviados dende o consulado de Barcelona entre 1973 e 2010, e outros 129 telegrámas diplomáticos entre 2003 e  2010 que conteñen o termo ‘Catalonia’).

No acto, o afortalado President da Generalitat, Carles Puigdemont, afirmou que “se o goberno español quer falar podemos falar de todo”, mas “a xente ten vontade de votar e o compromiso do Govern a que o faga”. Na súa locución final  Jordi Sánchez, dirixinte da Assemblea Nacional Catalana, acrescentou que “a Diada remata mas comeza a campaña. Non caiamos en provocacións, temos a forza da razón, temos a forza da lei”. O presidente do Òmnium Cultural, Cuixart, dixo que “o poder emana do pobo, será a revolución das urnas” e ao tempo que erguía na mao unha papeleta de votar proclamou que “non lle temos medo á liberdade. Votar nunca foi un delito”. Ademais,  o goberno español non deixou nenhuma outra opción. Votar é a alternativa.

 

12000 persoas da esquerda independentista percorren o centro de Barcelona

A manifestación foi convocada polas organizacións da CUP,  Endavant, Arran, Sepc e Alerta Solidària que camiñaron detrás dunha grande faixe onde se lia ‘Autodeterminació’.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off