off
Economía, Galiza, Política, Politica espanhola — 7 Setembro, 2017 at 10:59 a.m.

Apenas un de cada catro euros do resgate bancário será recuperado

by

Segundo un relatório do Banco de España devolvéronse  3.873 dos 54.353 millóns de euros. 40.000 millóns desbaratados

 

A entidade financieira española cifraba en xuño que a cantidade que podería recuperarse serían por volta dos  15.664 millións de euros. O resgate costou  54.353  aos contribuintes e uns  22.000 millións directamnte á banca. Porén, segundo os últimos cálculos do relatorio publicado hoxe polo Banco de España, que insire un repaso dos cartos que recibiran as entidades financieiras dende 2009 a través do FROB ( Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria, apunta que serán 14.275 millóns, 1.400 menos que o último cálculo. Alén diso, seica hai operacións por facer entre elas a venda da participación de Bankia que de facerse permitiría recuperar 10.402 millóns máis.  A diferencia doutros paises da zona euro, o resgate da banca espapla permitiu resgatar poucos activos. No Reino Unido e Alemaña conseguiran salvar por volta do 42% dos cartos públicos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off