off
Movementos sociais, Política — 7 Setembro, 2017 at 10:20 a.m.

A lei de transitoriedade xurídica de Cataluña a trámite

by

A mesa do Parlamento admitiu o trámite  da lei de transitoriedade xurídica na madrugada de onte. Os catro membros de JxSí na mesa impuxeron a súa maioría ante a abstención do representante de CSQP e o voto contra os de PSC e Cs. De feito, estes dous grupos e tamén o PP apresentaran peticións de reconsideración da decisión. O debate da lei de transitoriedade chegará, presumibelmente, esta quinta-feira co mesmo procedemento que empregou a portavoz de JxSí, Marta Rovira (ERC), para que se adira á votación a lei do referendo e, máis tarde , a creación da Sindicatura Eleitoral. Así, Cs, PSC e PP, se manteñen a mesma estratexia que na sesión do día anterior, irán interrumpindo o desenvolvemento do pleno. É posibel que no intre en que pidan a inclusión no debate da lei de transitoriedade chegará cando remate o debate sobre a axencia de proteción social (medida que no futuro tería a función de garantir todas prestacións sociais), unha das tres  normas denominadas de “deconexión”  que terán de configurar as estructuras de estado.

Activado o rexistro de voluntarios e o  web do referendo 

O web Referendum.cat  dispoñíbel en catalá, castelán, aranés e inglés resposta ás preguntas máis frecuentes en base ao decreto de normativas complementares que o Govern aprobou na segunda-feira após asinar en pleno o decreto de convocatoria do 1-O. No web hai unha sección sobre o rol das sindicaturas eleitorais. Os  cinco  membros designados esta madruada polo Parlament (tres xuristas e dous politólogos) para facer parte da Sindicatura Electoral de Catalunya.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off