off
Estado, Movementos sociais, Opinión, Política — 3 Setembro, 2017 at 15:19

Espías na brétema, a pós-verdade

por Rafael Cid
O máis escuro sempre está baixo a lámpada
 (Proverbio coreano)

                            Capa ‘El Periódico’, 31 de agosto de 2017

Tentar desentrañar o envurullo dese ovni en forma de aviso da CIA sobre o atentado das Ramblas é misión case imposibel. A súa solución non é deste mundo. Trátase dun conflito político-institucional e ten entrañas que a razón normal non entende. Un capítulo máis da guerra suxa que manteñen o Estado e a Generalitat a conta da cita terminal do 1-O. Todos se guidan os trastes á cabeza porque as medias verdades con que foi aderezada a historia permite a ambos os bandos soster á vez unha cousa e a súa contraria. Por tanto, trátase diso, de enlamar ao máximo o clima social que envolve todo o referente ao contencioso soberanista. Moncloa insinuando unha fatal neglixencia dos mossos (despois do fracaso certo dos postes) e desde o Palau de Sant Jordi atizando a posibilidade de que esteamos ante outro episodio da “Operación Cataluña”. A pos-verdade do 17-A (neolingua cunha realidade paralela) saltando por encima da dignidade e a memoria das súas vítimas.
Non obstante tanta escuridade premeditada, pistas falsas e mezquiñarias, fican algunhas franxas para calibrar o que está en xogo e quen son os  ladrós. Desde o inicio, hai un feito evidente que o enmarca todo. Era bastante claro que, após manifestación ben sucedida do sábado, Madrid non podía deixar que a última páxina do relato fose a dun Felipe V e un Mariano Rajoy apupados no prime time das principais televisións do mundo, e uns Mossos d´Esquadra aclamados como os herois da xornada. Esa imaxe era pura dinamita cerebral para a Marca España e, na lóxica dun poder que necesita prevalecer para imperar, resultaba impensable non aproveitar un acontecemento sobrevindo de gran impacto que podía servir para silenciar a colosal afronta.
Nese contexto,  xurdiu o asunto da nota da CIA da man de El Periódico, o segundo diario de maior circulación (non así de influencia) naquela comunidade. Os dados non son triviais. Porque se a nova publicouna outro de ámbito nacional non tería o mesmo eco en Catalunya. Certamente, teria sido enxergada como unha campaña máis de intoxicación para boicotear o procés no seu tramo decisivo. Con todo, ao aparecer nun rotativo catalán a credibilidade tiña asegurada facer diana. Por que El Periódico  non é La Vanguardia, moito máis influente alí. É posibel imaxinar que tras o despedimento fulminante de Gregorio Morán polos seus mordaces comentarios sobre “imprensa do movemento” soberanista o diario do Conde de Godó ficaba temporalmente inhabilitada para semellantes escaramuzas. E como a función crea o órgao, a fortuna fixo que a exclusiva saíse nun medio do case crebado Grupo Zeta. Precisamente o seu buque insignia, El Periódico o mesmo que o un de agosto, só unhas semanas antes de dar a información, conseguira in extremis un crédito ponte dun pool de bancos para escapar da morte súbita que estaba por vir.
Colocando o foco sobre o espiñento comunicado, e sen afirmar nen negar nada sobre os seus autores porque hai versións para todos os gostos, parece dubidoso que unha axencia de intelixencia do calibre da CIA dirixísese directamente a unha policía dunha rexión que seguramente os seus responsabeis en Langley non saben situar no mapa. E non por ir de experients, ma principalmente porque iso significaría que o executivo de Estados Unidos daba ao goberno da Generalitat tratamento de estado soberano. Nestes  momentos precisos. É mási probabel  que a nota de intelixencia chegase aos seus homólogos dos servizos secretos no Estado español (CNI, Policía Nacional, Garda Civil, etc.). Sobre todo despois de que tras o 11-M potenciasen as canles oficiais por onde a información clasificada flúe. De seu, o moi medido titular de El Periódico é polisémico, permite varias leituras colaterais dependendo do posicionamento do observador. Dicía literalmente “os Mossos recibiran a alerta de atentado en Barcelona da CIA o 25 de maio”. Ou sexa, que a orixe da alerta era a CIA. Non que a CIA enviouna formalmente aos Mossos. Aínda que tamén podemos dixerir iso colocando a sentenza de forma pasiva.
Na brétema que adoita acompañar ás tramas de espías permanece a dúbida de como e por que as autoridades cataláns, aínda admitindo que coñecían o aviso pero negando que procedese da CIA e/ou do Centro Nacional contra o Terrorismo norteamericano, non aclararon quen ou quen llo fixeron saber. Salvo que se trate de protexer a identidade dalgún axente encuberto relevante. O groso dos terroristas do 11-M eran informantes da polícia e narcotraficantes, como o imán de Ripoll e presunto xefe da célula que perpetrou os atentados das Ramblas e Cambrils. Porque a tese sustentada é que Madrid e Barcelona tiveron acceso a esa información simultaneamente, aínda que só o Estado central recoñece á CIA como remitente.
Finalmente, hai outro elemento chocante neste cruzamento de acusacións e reprovacións. Hai, aquí, un aspecto en que ambas as policías, a estatal e a autonómica, coinciden e partillan. Ao considerar esa alerta de confiabilidade dubidosa. E aquí novamente cabe especular cun interese común para semellante rareza. Non asustar o boom turístico podería “xustificar” que dun lado e outro, teria sido descartado aumentar o grau de alarma de acordo co que está contido nunha nota de intelixencia de case nula solvencia. Un razoamento hipotético e retorto que tampouco podería utilizarse como arma arreboladiza. Admitilo sería tanto como regalar un plus de perigo á campaña levada a cabo por “as mocidades da CUP” contra os maes da invasión turística.

 

 

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: