off
Arte, Pintura — 2 Setembro, 2017 at 14:05

Na procura de Bansky, 8ª As Meninas de Canido 2017

por Redacción

As Meninas de Canido celebra hoxe a mañá a súa oitava edición, coa participación confirmada duns 80 artistas, que pintarán novos murais polas fachadas e muros do barrio ou completarán ou restaurarán os xa existentes. O festival, nado en 2008, crece ano a ano, converténdose xa nun símbolo de Ferrol e Galiza, contribuindo a integrar  Canido nun bairro único, son síntomas evidentes de abandono, inzado de predios baleiros. Nesta edición, participarán 80 artistas de toda Galiza e de fóra (España, Cataluña, Polonia) principiando hoxe ás 2 da tarde  cun pregón do ex-xogador de baloncesto Miguel Loureiro para un programa tamñén inzado da música de Malevaje, Lenda Ártabra ,Chiculate e Radio Océano e a banda de jazz-swing Hot Chocolates (o domingo). A celebración  ten no mercado de arte Mercalegre outra das súas sedes coa homenaxe ao gaiteiro e luthier Antón Varela, finado recentemente. O festival conta co apoio do Concello de Ferrol, da Deputación da Coruña e tamén de empresas privadas.

A organización deste festival de arte urbana ten convidado a Bansky, o senlleiro grafiteiro británico, a participar nas Meninas de Canido a través dun anuncio no xornal Times entre outros xornais impresos e dunha campaña publicitaria en valos do UK e Italia, entre outros.

“Querido Banksy. Temos reservado un espazo para ti nunha das nosas rúas para que poidas libremente expresar a túa interpretación máis persoal das Meninas e axudarnos a facer do noso barrio un lugar máis fermoso no que vivir. Agardamos por ti. Os residentes do barrio de Canido, Ferrol”

Oito edicións desde 2008

En 2008, Eduardo Hermida argallou de brazo dado doutros artistas locais unha experiencia de pintura na rúa para reaxir  o ferrolán barrio de Canido e denunciar o seu abandono. Artistas novos da comarca e do resto do país xunguíronse á proposta, destacando o mural de  Jorge Cabezas, que foi borrado provando a solidariedade doutros artista. Velaquí a orixe, xa van aló sete edicións e máis de 400 obras, algunhas desaparecidas, que están a conformar a nova imaxe de Canido.

 

 

.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: