off
Agro, Galiza, Meio ambiente — 30 Agosto, 2017 at 8:26 a.m.

Gañadores do II Monográfico da raza galega Can de Palleiro

by

O pasado 26 de Agosto celebrouse en San Sadurniño, o 2º Concurso Monográfico da Raza Can de Palleiro, o primeiro que se celebra neste concello. O concurso desenvolveuse no marco da Feira Rural que organiza anualmente en San Sadurniño e durante o dia entidade organizadora estivo presente nunha loxa onde se facilitou información da raza autóctona. A afluencia de xente foi constante durante toda a xornada, o que revela que o proceso de recuperación  da raza Can de Palleiro está a consolidarse  con eventos de sensibilización e información.

Nesta xeira mostráronse exemplares das capas marela e negra de alta calidade, valorados por Xosé Barreira Alonso, experimentado xuíz e criador desta raza que tivo o acerto de comentar as súas decisións co público e contribuír dese xeito a divulgación da raza Can de Palleiro entre o público non experto.

Os resultados foron os seguintes.

  • Clase Cachorros Machos e Mellor Cachorro do Concurso, MEU de Ernesto Fernández
  • Clase Cachorros Femias, DOA de Vanesa López Basanta
  • Clase Xove Machos, ELFO DA COSTA VERDECENTE de María José Pumares
  • Clase Xove Femias e Mellor Xove do Concurso, JANA de Ernesto Fernández
  • Clase Aberta Machos, ROIS de Xosé Manuel Vales Ramos.
  • Mellor exemplar do Concurso, JANA de Ernesto Fernández

O concurso é puntuabel para o Trofeo Can de Palleiro do ano en Galicia polo que ROIS acadou 225 puntos e a clasificación xeral pasa a estar liderada por ROIS con 325 ptos, seguido de LOBA con 225 ptos.

Próximo monográfico en A Merca (Ourense)

O 3º Concurso Monográfico celebrarase na localidade ourensá de A Merca o día 16 de Setembro e que tamén será puntuabel para o Trofeo Can/Cadela de Palleiro do Ano en Galicia.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off