off
Cedeira, Infraestructuras e Comunicacións — 26 Agosto, 2017 at 8:01 a.m.

O goberno local de Cedeira trasladará á Consellería de Territorio as queixas dos veciños polo Plan de Transporte

by

[Pingota Comunicación] O goberno de Cedeira   pedirá unha reunión con responsables da Consellería de Territorio, vivenda e transporte co fin de achegarlles as queixas que a administración local  está a recibir dos usuarios de transporte público. A aplicación do Plan de Transporte Público da Xunta está a ocasionar moitos problemas locais, tal e como pon de manifesto o equipo de goberno, que tamén se queixa da falta de comuniciación e información por parte da Xunta para tratar de evitar as consecuencias que agora se están a dar en toda Galicia. O executivo local entende que a administración autonómica non tivo en conta nen as necesidades dos usuarios nen as posibles suxestións dos concellos, polo que o plan está a xerar un claro rexeitamento por parte dos propios viaxeiros.O cambio do itinerario da viaxe entre Cedeira e Ferrol é o principal foco de malestar entre os usuarios que agora, ademais de tratar de adaptarse aos novos horarios, teñen que soportar
traxectos de 90 minutos de duración polo aumento do número de paradas e por ter que facer a viaxe pola vía AC-116 (estrada de Meirás) cando ata de agora se viña realizando pola AC-566 (estrada de Castro). Os veciños de Cedeira tamén atopan moitos problemas á hora de enlazar cun segundo transporte para chegar a outros destinos como poden ser as cidades da Coruña e Santiago, entre outros posibles. O goberno cedeirense entende que debe haber unha explicación por parte das persoas responsables do citado plan para así ter a posibilidade de transmitirlla aos veciños que van ao Concello a expor as súas queixas.


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación.O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.


 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off