off
Cedeira, Saúde, Xente — 26 Agosto, 2017 at 7:54 a.m.

Cadea humana contra o cancro

by

A xunta local de Cedeira da AECC organiza este sábado unha cadea humana que, a partir das oito da tarde, tratará de arrodear as dúas pontes da vila  procurando a sensibilización e colaboración de todos para  levar  esperanza e apoio ás persoas que a están a padecer a doenza.  A cadea humana entre ambas as dúas pontes rematará cunha ceiba de pombas ás nove da noite, facendoa coincidir coa marea chea.

A actuación dun grupo de música tradicional e a instalación de dúas mesas co fin de reunir fondos, que estarán situadas nas pontes, son outros dos contidos previstos pola xunta local da Asociación presidida por Teresa Beceiro. O Concello de Cedeira tamén colabora coa celebración desta iniciativa, que xa se está a anunciar coa instalación de faixas informativas nas pontes.

 

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off