Cidadanía, corpos de seguridade e persoas que atenderan ás vitimas do atentado encabezarán a manifestación que rematará na praza Cataluña sob unha única pancarta e con lecturas a cargo da actrizu Rosa Maria Sardà e da activista musulmana catalana Míriam Hatibi. A marcha sairá dos Jardinets de Gràcia ás seis do serán baixando polo paseo de Gràcia até Plaça Catalunya. Na praza o concello e a Generalitat organizaron un “acto austero” segundo informou a alcaldesa Ada Colau. Ao longo da marcha os voluntarios repartirán flores vermellas, marelas e brancas (as cores da cidade). Colau chamou á participación e afirmou que queren “que a marcha sexa masiva” e “que reborden as rúas da cidade “.
“No tinc por”será o lema da mobilización do sábado en Barcelona
by Redação
Author: Redação
Editor e administrador