off
Estado, Movementos sociais, Política — 25 Agosto, 2017 at 12:08

“No tinc por”será o lema da mobilización do sábado en Barcelona

por Redacción

Cidadanía, corpos de seguridade  e persoas que atenderan ás vitimas do atentado encabezarán a manifestación que rematará na praza Cataluña sob unha única pancarta e con lecturas a cargo da actrizu Rosa Maria Sardà e da activista musulmana catalana Míriam Hatibi. A marcha sairá dos Jardinets de Gràcia ás seis do serán baixando polo paseo de Gràcia até Plaça Catalunya. Na praza o concello e a Generalitat organizaron un “acto austero” segundo informou a alcaldesa Ada Colau. Ao longo da marcha os voluntarios repartirán flores vermellas, marelas e brancas (as cores da cidade). Colau  chamou á participación e afirmou que queren “que a marcha sexa masiva” e “que reborden as rúas da cidade “.

Cartaz de Frederic Amat / FREDERIC AMAT

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: