off
Editorial, Opinião, Politica espanhola, Redes sociais, Televisão — 24 Agosto, 2017 at 8:12 a.m.

Miserabilismo como espectáculo

by

Porqué será que as canles de televisión, nomeadamente as privadas españolas, precisan avisar que o que amosan é real, moi real, e non apenas entretemento?. Esa inercia miserabel de alargar a información ao máximo….até non ter nada que dicir. Deitando pormenores até o absurdo, o que contrasta, por certo, co desleixo  á hora de escoller os seus tertulianos. Precíasen programas especiais de todo un día con fasquía de realityshow para debullar novas tan magras como apócrifas e inexactas?

De aí talvez a inaturabel fasquía tremendista coa que ateigan os seus informativos. Seica precisa o espectador do exaxero dos aspectos máis crus do acontecido en Barcelona e Cambrils para que un busto parlante lle explique o que sinte unha nai que perdeu un fillo atropelado  ou que un pai non se recuperará nunca máis logo de ter descoberto que tiña dous fillos nunha célula terrorista?.

Agora sabemos segundo o ABC que o ano 2005 o xuíz Grande Marlasca, presidente actual da Sala do Penal da Audiencia Nacional, autorizou escoitas telefónicas ao imán de Ripoll, Abdelbaki es Satty, pretenso líder jihadista da célula autora dos atentados de Barcelona e Cambrils. Seica a policía española sospeitaba das súas relacións con membros de Al Qaeda. Esa información nunca chegou aos Mossos d’Esquadra. Segundo o ARA, “a descoordinación policial xogou a favor dos terroristas”.Descordinación ou mais ben entorpecer  limitando o acceso á información? Esta sería interpretación deitada no editorial de Vicent Partal para o Vilaweb: un intento moi exaxerado, mesmo desesperado  de debullar a actuación dos Mossos en relación cos atentados de Barcelona e Cambrils como un desastre. As policias da contorna teñen suliñado o traballo ben feito da policia de Cataluña. The Wall Street Journal  tamén, destacando  que a actuación constatou que Catalunya “pode gobernar independientemente de Madrid”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off