off
Cedeira, Festas — 5 Agosto, 2017 at 15:18

Buxainas, pregoeira da Patrona

por Redacción

 O Concello de Cedeira quere darlle ás entidades locais o protagonismo que merecen, tamén durante as festas patronais. Por esta razón, este ano será a Asociación Cultural Buxainas a agrupación que lerá o pregón co que dan comezo máis de sete días de festa popular, de actuacións musicais, de actividades deportivas e de celebracións relixiosas.

A leitura do pregón será o venres 11, ás 20.00 horas, na praza do Concello. Os encontros festivos prolongaranse ata o día 20 de agosto. O equipo de goberno quere así recoñecer o labor que as asociacións fan a prol da comunidade. No caso de Buxainas, valorouse o traballo de recuperación e conservación do bailado nacional  e do idioma de noso, así como o feito de colaborar en moitas ocasións nas actividades organizadas polo Concello e tamén por contribuír á promoción de Cedeira con motivo das moitas saídas que realizan ao longo do ano dentro e fora do pais. A Asociación Cultural Buxainas reúne a máis de 124 persoas de moi diferentes idades que aprenden, interpretan e difunden a música popular galega. O executivo local quere converter o feito de anunciar as festas no recoñecemento público que merecen as entidades que trabal facendo pais. Os responsables municipais xa anuncian que en sucesivos anos serán outras asociacións as que anunciarán as festas desde o patin da Casa do Concello.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: