off
Cedeira, Desporto Cedeirense — 4 Agosto, 2017 at 10:54 a.m.

Liga galega de traiñeiras en Cedeira

by

Cedeira acolle este sábado unha das probas da Liga Galega de Traiñeiras, na que tamén participará o Clube de Remo de local

Os afeccionados ao remo teñen este sábado (día 5 de agosto) unha cita moi especial en Cedeira. A súa ría acollerá a regata de traiñeiras da Liga Galega (B). A proba dará comezo ás 17.30 horas e na mesma tomarán parte sete embarcacións, o que fai un total de 98 remeiros. Os clubs Virxe da Guia (Vigo), Vila de Cangas (Cangas), Muros, Esteirana (Muros), Mera (A Coruña), Mugardos e Cedeira son os equipos que na tarde do sábado tratarán
de mellorar as súas posibilidade cara a facerse coa liga galega de traiñeiras. O equipo de Cedeira tamén se xoga un posto de ascenso á división superior (A).

A distancia a percorrer é de 5.556 metros, o que se conseguirá facendo en catro tramos os 1.400 metros que hai desde o espigón do porto ata unha referencia situada fóra da ría. Así, as persoas que o desexen tamén poden seguir a proba desde os moitos puntos elevados que existen ao longo da ría, desde o castelo da Concepción ata a punta do Sarridal.

A organización corre a cargo do Club de Remo de Cedeira, que invita aos afeccionados ao remo e ao deporte en xeral a seguir a competición visitando a localidade.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off