off
Cedeira, Fin de semana, Música — 4 Agosto, 2017 at 11:08 a.m.

Discalz@s Polo Festival 2017

by

Cedeira abre as portas da III Edición do “DISCALZ@S POLO FESTIVAL”, que segue medrando ano tras ano, un festival apto para todos os públicos, aberto a diversidade musical e cultural e con entrada de balde. A edición de este ano ven con varias novedades, como a zona de acampada ou a variada oferta gastronómica a cargo de varias “FoodTrucks”. O festival dará comezo o Venres con música en directo a partir das 20:00 coas actuacións de Collón Pierno (20:00), Klute (21:30), RockersGoToHell (23:00), The Artificieros (00:30) e Señor NO como plato forte (02:00), pechando así a primeira xornada do festival.

Sábado
O sábado continuará a programación con unha sesión vermú a partir das 12:00 e a actuación de varias bandas; aBrassA2 (12:30), Harmónica Creams (13:30) e ArdeCasas (15:30). A tarde do sábado e para @s máis pequenos, coa sesión “Discalziñ@s” con xogos para os
máis pequenos a partir das 17:00, e rematando coa actuación audiovisual de Odaiko Percusión (19:00) que dará inicio a sesión de concertos da noite.
Esta segunda xornada de festival promete rematar por todo o alto, coas actuacións de Böj (20:30), HellBuckers (22:00), DakiDarría (23:30) que fan parada no seu #LumeTour, Os Benignos (01:00) e Doctor Garimba (02:30) poñendo o broche final.
Toda a información sobre o festival está na web oficial, www.discalzospolofestival.gal e nas redes sociais

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off