off
Estado, Política — 19 Xullo, 2017 at 07:14

Os sumidoiros de Interior

por

Até o momento, só  IB3  e TV3, as televisións públicas de Baleares e Cataluña, emitiron   ‘Las clocas de Interior’, un documentario sobre a “guerra suxa” do Ministerio do Interior 


A TV3, a televisión pública de Cataluña, emiteu onte  “Las clocas de Interior”,  o documentario dirixido por Jaume Roures sobre a corrupción no seo do ministerio do Interior. A productora Mediapro, que encomendou o documentario, queríaunha primeira emisión nalgunha canle estatal, mas non foi posibel. O traballo de investigación emiteuse dentro do programa Sense ficció (Sen ficción). Até o momento, ningunha televisión de ámbito estatal anunciou o seu interese por emitilo. Tampouco a televisión pública de Galicia, a TVG.

A reportaxe, que é o resultado de nove meses de pescuda e análise,  conta con guión de Jaume Grau, toma coma ponto do partida o caso de Xavier Trias (exalcalde de Barcelona) e as suas supostas contas na Suiza. A exposición de feitos comeza coas gravacions que o xornal “Público” publicou en xuño de de 2016 entre o exministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, e o ex xefe da Oficina Antifraude de Cataluña, Daniel de Alonso, a través das pescudas dos xornalistas Patricia López e Carlos Enrique Bayo, A partires desta conversa, o documentario vai debullando as más prácticas e o funcionamento da guerra sucia do Estado español en moitos casos, como o informe Veritas, a trama de espionaxe dentro PP da Comunidade de Madrid, a implicación o informe PISA sobre finanzamento de Podemos. Segundo as pescudas, a actividade destre entramado politico-policial non se limita a territorio español.

O interese desta pescuda alicerza no testemuño de catro policias que falan, por primeira vez, diante dunha cámara: Marcelino Martín Blas, exxefe de Asuntos Internos da Policia; Jaime Barrado, comisario de policia; Jose Oreja, sarxento da Guardia Civil, e un alto funcionario do Ministeri do Interior que prefire manter o anonimato.

O fio conductor que vai trazando esta investigación acaba debuxando a estructura de funcionamento de tres alicerces, formados pola denominada “oficina sinistra”, encarregada de elaborar informes contra adversarios políticos e policias que acaban en diversos medios de comunicación, o  comisario Villarejo e a Brigada Política, que, formada por cargos policiais de confianza do Ministerio, realizaban actividades alegais.  A orixe destes integrantes, auténtica “mafia policial” haina que procurar, como no caso de Villarejo, na antiga Brigada Político-Social franquista, e son os responsables de informes com Veritas, direccionado a desacreditar ao xuiz Baltasar Garzón cando investigaba a actividade dos GAL.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: