off
Cedeira, Meio ambiente, Política local — 19 Xullo, 2017 at 6:28 a.m.

O goberno de Cedeira reitera a existencia dun acordo con Costas para a realización dun estudo de impacto ambiental na praia da Madalena

by

[Pingota Comunicación] O goberno de Cedeira reitera a existencia dun acordo coa Demarcación de Costas en Galicia para facer un estudo de impacto ambiental sobre a praia da Madalena, saíndo así ao paso das declaracións feitas desde a organización Podemos de Cedeira nas que se poñía en dúbida a existencia do devandito compromiso. Sobre esta cuestión, o responsable da área de Medio Ambiente, Camilo Casal, quere asemesmo deixar constancia de que con anterioridade a este estudo débese levar a cabo un novo proxecto construtivo para o que “se terán moi en conta as aportacións feitas pola Plataforma de Defensa da Ría”, unha entidade de carácter ecoloxista á que se pode incorporar calquera a título individual ao colectivo previa comunicación á Consellería de Medio Ambiente, tal e como apuntou o concelleiro. Casal, ademais de recordar o importe da actuación -en torno aos 130.000 euros-, tamén lembra que “no seu día díxosenos, por parte da Demarcación de Costas, que para poder concretar
e avanzar neste asunto era imprescindible que estiveran aprobados os orzamentos xerais do Estado, algo que xa se produciu a estas alturas”.


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación.O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.


 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off