off
Cedeira, Cultura, Festas, Política local — 18 Xullo, 2017 at 09:53

A crítica do PP de Cedeira ao orzamento para festas esquece que as súas foron opacas e deficitarias

por

Captura do comunicado do PP no Facebook

Se cadrar, talvez por instinto de autonservación, semella que calquera chamado a “cadrar contas”  presentada polo PP (e formulada non en sesión plenaria, mas no sisudo e serio ámbito do Facebook ) adquira de súpeto un aquel de brincadeira de xogo de mesa de taberna. Certo é que as escasas aparicions en pleno dos dirixenes do PP són relativamente escasas mas sempre devastadoras cando optan polo dixome-dixome. O PP de Cedeira vén de acusar ao goberno tripartito de Cedeira (PsG-PSOE, ANOVA, BNG) através das redes sociais que respeito ás vindeiras festas da Patrona “aínda non comezaron e xa non cadran as contas” . Segundo o PP, “cando levan gobernando 2 anos, cómo definirían o gasto de máis de 135.000€, que o concello pon a dispor da comisión de festas. 115.000 directamente nunha subvención e 19.000€ que acaba de facer público a pasada semana procedentes do remanente”. Neste comunicado no Facebook, o community manager do PP de Cedeira semella esquecer que ao comezo desta lexislatura o tripartito cedeirense tivo que afrontar  50.000 euros  en débeda sen pagar de festas anteriores. Nada novo vulnera no comunicado os grandes principios do conservadurismo aborixe. Onde antes  só había silencios inexplicables porque a vergoña os engolia até os miolos. Entre todos deberiamos facer mais respirabel o noso hábitat, non si?. Porén, é dubidoso que teñamos que ser comprensivos, de dereita a esquerda, con aqueles cidadáns, que asumindo cidadanía ou militancia, deberan tamén asumir os seus compromisos e responsabilidades.

Con estes antecedentes de cefaleia, vimos de preguntarlle ao alcalde de Cedeira se de cara ás xornadas festivas de agosto o goberno de Cedeira sofre do mesmo andazo pepeiro ou se foi quen de vacinarse tendo previsión de gasto e atención escrupulosa dos procedimentos administrativos para que os coitados veciños e veciñas de Cedeira non acaben apandando con mais andrómenas.

Para  Pablo Moreda o “importante é sempre buscar o equilibrio económico, neste caso debido aos bós números puidemos aumentar moitas partidas ainda que nós acreditamos que o concepto de festas debe axustarse sempre a un modelo a seguir de cara ao futuro”. Sabido é que antes este gasto chuchaba todo o orzamento adicado a cultura e turismo. “O que facemos é unha previsión de fondos pois cada vez aumentamos máis a partida de investimento en cultura e turismo sen tocar outras”, engade.

Segundo este, ” o goberno local puido aumentar a partida económica para festas despois despois da recuperación a través da apliación do plano de estabilidade financieira  logo da pésima xestión de Luis Rubido, nomeadamente máis de medio millón de euros en arranxos de contratacións de obras antes das eleccións municipais”. No pleno do pasado venres o goberno de Cedeira empregou o 42% do remanente para cancelar débeda e deixar esta en 212.000 euros. Segundo dados no Ministerio de Facenda relativa a evolución viva dos concellos galegos,  Concello de Cedeira reduciu a súa débeda viva nun 21% (1,46 euros por habitante), pasando de 903 en 2012 a 10 en 2016 (en milleiros de euros).

Para a Concelleira de Cultura, Maria Xosé Rodriguez,  “a crítica ás últimas festas patronais feitas polo PP, era fundamentalmente crítica política ou de xestión política na que se misturaban varios aspectos xa que nunca estivo claro onde empezaban as actividades ou os contratos da Comisión de Festas e onde as do goberno do Partido Popular. E non é que o diga eu ou calquera outra persoa dos que agora constituímos o grupo de goberno municipal, a realidade está á vista de todo o mundo, a débeda das últimas festas “populares”, foi obxecto de demanda xudicial, aínda non resolta e todo pola ineficaz xestión do goberno do PP cedeirés”.

Paradoxo e descaramento do PP

O paradoxo do PP  é que precisan lembrarlle á cidadanía da súa lánguida existencia política a pesar  da  súa xestión foi de todo menos eficaz e transparente. Certo é que en calquera vila ou país que non fosen un baile de fantasmas  a súa xestión teria sido de abondo para estoupar o goberno unha morea de veces. Porén,  iso non só non aconteceu  aquí de xeito claro e inequívoco (en poucos concellos madia-leva!), senón que mesmo tomando á cidadanía por amnésica, cambalean entre a saúdade do poder e o victimismo. Para que o PP resultara críbel cando fala de cadrar contas deberia comezar por desmantelarse asi mesmo como organización. É francamente difícil resultar verosimil cando es (ainda, de momento) o partido político máis poderoso de Galiza e do estado español, que un dia si e outro tamén xestiona e expreme as  institucións  dun suposto estado de dereito. Non só estamos a falar do partido que estivo enviando por correo electrónico, durante anos, un  powerpoint  con instruccións aos seus alcaldes e rexedores para burlar a lei á hora de aproveitar as campañas eleitorais para facer caixa B, senón que no caso de Cedeira tamén non destacou pola súa eficiencia, eficacia e transparencia contabel a respeito da xestión  festeira. Non se perda o pano de fondo dun partido que perpetrou unha amnistia fiscal para os grandes defraudadores, coa excusa que así aflorarían uns cartos que ninguén  volveu ver. Do partido das tramas Pokemon e Gürtel, o caso máis grave de finanzamento fraudulento que se coñece nunha formación política europea. Un suceso total o da boa xestion do PP. Por iso paga a pena lembrar que hai cinco anos, cando o PP chegou o goberno do estado había 66.815 millións na hucha das pensións. Agora seica quedan 11.602. Eís o modelo de xestión que fai o PP dos recursos públicos, quen adoita presumir de seren xestores escelentes mentres acusan aos adversarios de non ter nin idea.

Con certeza é de mal entender o silencio dos cordeiros, os silencios inexplicables de quen prefire habitar no limbo dos militante descoñecido para disimular a comichón mas non dubida en asaltar as redes sociais ainda que sexa para virarlle as costas ao futuro da súa comunidade. Precisamos xestos de valentia e honestidade.

Aproveito a oportunidade, afirma  Maria Xosé Rodriguez, para convidar ao Partido Popular a  levar  o debate ao próximo pleno municipal, porque considero que sería moi enriquecedor e positivo facer una reflexión conxunta, de goberno e oposición con respecto ao tema das festas e o seu financiamento. 

“Pode ser pertinente lembrar  tamén que se goberna para todos e non só para os acólitos xa que as festas son un ben común que debe ser ben xestionado.  Tanto no 2015, como no 2016, fomos nós, acrescenta Rodriguez, o goberno municipal quen organizou as festas patronais e tamén recibimos as “desleais” críticas do PP cedeirés porque as actuacións non eran do seu agrado, e falo de deslealtade non para co goberno, a oposición política, neste caso o partido popular debe actuar como tal, pero si con todo o pobo de Cedeira, xa que as festas patronais ademáis de para entretemento de toda a veciñanza, funcionan tamén como motor económico estacional. E o obxectivo político tanto de quen estea no goberno como na oposición sempre debe ser procurar o mellor para favorecer a todo o pobo de Cedeira”. Alén das posibles críticas a manter un modelo de festas alicerzado nos orzamentos públicos ou de balde total, a diferenza das festas de 2015 agora non se prometen as festas do século, a envexa da comarca, saltándose os procedementos administrativos básicos ou facturando sen medida en nome da administración pública sen que esta defina obxectivos e dispoña dos medios para acadalos. Quer dicer, sen mesura nen sistema adecuado de contabilidade. Que foi o  que na altura lle foi criticado ao goberno do PP: que o desatino da xestión acabara comendo todo o orzamento dispoñibel en cultura, a falta de previsión de gasto e que non facilitara a  información contabel correspondente.

Na procura dun modelo festivo sustentabel

Os veciños e veciñas de Cedeira precisan saber se o gasto que fai en milleiros de euros acaba xerando un valor engadido e tendo factor multiplicador; mas tamén o suceso e capacidade de mobilización;é preciso cuantificar e describir que tipo de xente asiste e até que punto é un acontecemento dependente de programar un ou dous concertos sen cobrar entrada capaces de atraer xente de fora. É preciso ponderar a participación do sector da restauración e se é sustentabel que todos e cada un dos espectáculos sexan de balde.

Para Moreda o modelo a seguir, dado o evidente efecto das festas de verao sobre a economía local, seria “un modelo  con menos formigón innecesario, utilizado para tapar unha mala xestión e obter varios votos. As festas son importantes pero dentro dun modelo anual onde non se pode comprometer un gasto que impida desenvolver políticas de desenvolvimento do tecido asociativo, que nos permitan potenciar a quen adica o seu esforzo arreo dinamizando con actividades culturais e deportivas todo o ano. Compre aumentar os orzamentos para apoiar ese tecido, velaí o aumento en deportes en máis do 100%, mas actuando con responsabilidade amortizando a débeda. Neste senso, o goberno tripartito “só se debe en 2017 o PAI para arranxar  a Casa de Avelino”, afirma.

Segundo as mesmas fontes en 2017 a partida orzamentaria das festas non está incluída na de cultura. Os contratos das actuacións musicais xestionaos unha comisión de festas  e o Concello subvenciona parte dos mesmos con 115.000 euros, cifra que xa formaba parte dos orzamentos municipais e da que o Partido Popular no pleno de aprobación dos mesmos non comentou nada ao respecto. O xoves pasado, 13 de xullo,  aprobabase os gastos do remanente municipal que incluía un gasto para fogos de artificio (previsión de 12.000 €),  iluminación ( 7.000 €) e as actividades de rúa para nenos na Praza do Floreal (que tanto éxito tiveron o ano pasado) nun pleno no que de novo o Partido Popular nen preguntou polo tema das festas. Para Rodríguez “a xestión deste grupo de goberno é clara e transparente, orzamento municipal, actas de plenos, contratación e demais están á vista de todo o mundo no web www.cedeira.gal e una vez que pasen as festas, as contas das mesmas tamén serán expostas públicamente como nos dous anos anteriores.”

En xuño de 2015 preguntábamos nestas páxinas onde empezaba a comisión e onde o Concello xa que o modelo festivo baseado na imprevisión no gasto e sen atención escrupulosa dos procedementos normativos nas contratacións acabaran tendo efectos adversos, gravosos e negativos, tanto en termos económicos como no dano causado ao que podería ser un activo do pobo ” a través dunha xestión cuidada e en máxima coordinación e consenso co Concello e o resto de axentes económicos da vila para atopar posibles sistemas de finanzamento que garantan a súa viabilidade económica e nos permita coñecer tamén o impacto social e económico das festas. Non se trata de non festexar senón de facelo dun modo socialmente responsabel.

 

Ao mellor tamén che interesa


Festas si, mas sustentables
Saúde democrática
O verán chega inzado de propostas musicais
A obscenidade de gobernar para facer festas

 

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: