off
Cedeira, Política local — 17 Xullo, 2017 at 6:39 a.m.

O goberno de Cedeira decidido a liquidar a débeda e atallar o gasto enerxético

by

[Pingota Comunicación] A corporación municipal de Cedeira celebrou o venres o pleno correspondente a xullo, unha sesión que serviu para a aprobación dun remanente de tesourería por importe de 539.897,77 euros. O 42% da citada cantidade emplearase en amortizar a débeda, o que vén sendo case 227.000 euros. Os restantes 312.952 euros serán utilizados para facer fronte aos gastos derivados de novos investimentos e iniciativas. Así, o primeiro pagamento  para a adquisición do vello edificio da Sindical (24.396,44 euros), a reparación de pistas (123.760,46 euros), a reposición de alumeado (30.000 euros) e a reforma da estación de autobuses encentro municipal da xuventude (25.000 euros) son algunhas das partidas previstas. A merca dun terreo en San Antón (10.000 euros) e gastos relacionados coas festas patronais (19.000 euros) son outras das investimentos que o goberno de Cedeira financiará con cargo a esta partida

Amortización da débeda

En canto á amortización da débeda, o executivo local considera que é “de responsabilidade” utilizar un resultado tan favorabel no económico para tratar de reducir os compromisos financeiros, unha postura que levará ao Concello a liquidar a débeda relacionada co proxecto de ampliación da Biblioteca municipal. A corporación tamén aprobou, neste caso por unanimidade, a tramitación dunha subsídio do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) para a substitución de 2.138 luminarias convencionais por outras con sistema Led. Trátase, segundo o goberno, de apostar polo medio ambiente, por diminuír custos enerxéticos e contribuír a unha rebaixa da contaminación lumínica. Esta medida completaríase coa reforma dun total de 50 cadros eléctricos do sistema público de alumeado. O importe de ámbalas dúas intervencións é de 1,4 millóns de euros, unha cantidade que sobrepasa en moito a capacidade económica do Concello e da que a administración local só tería que poñer un 20% no caso de resultar aprobada a solicitude. O pleno aprobou ademais as bases do subsídio para gastos de funcionamento das Escolas de Música de Cedeira. Con este acordo pásase do modo directo aplicado até agora á fórmula de concorrencia competitiva para a referida axuda. Trátase dunha convocatoria aberta a todas as asociacións culturais municipais inscritas no Rexisto de Asociacións do Concello de Cedeira.

Apoio a Suso López Pintos

No pleno tamén saiu adiante a moción de apoio ao veciño e exdirixente sindical Xesús Anxo López Pintos e rexeitando a aplicación da chamada “lei mordaza”.


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación.O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.


 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off