off
Cedeira, Cultura, Fotografía — 17 Xullo, 2017 at 12:19 p.m.

O Castelo da Concepción acolle a exposición das fotografías premiadas no concurso Camiño a Santo André de Teixido 2017

by

Até o 31 de agosto en horario de obertura de  martes a sábado de 10:30-13:30 e de 17:00- 20:00  e  domingos de 17:00 -20:00 horas.


A Asociación Camiño a Santo André de Teixido organiza unha exposición no Castelo da Concepción de Cedeira coas fotografías gañadoras do concurso Camiño a Santo André de Teixido 2017. O xurado reuníase o pasado día 26 de maio de 2017, mas non houbo entre as fotos presentadas unha que satisfixese de maneira acaída e destacada por riba das outras os criterios de selección estabelecidos.  Malia o xurado ter optado por deixar deserto o primeiro premio, acordou  repartilo en seis accésit  de entre as 35 obras finalistas. A mostra recolle as doce fotografías premiadas no Certame, ao que concorreron un total de 140 traballos.  Esta é a primeira exposición que se fai cos traballos gañadores.

Porén, o obxectivo é que a mostra sexa itinerante, para fomentar a difusión das rutas de peregrinación que levan a Teixido. Por iso, a Asociación Camino a San Andrés de Teixido está a traballar en novas localizacións para esta exposición, que se poderá ver noutros lugares do país pasado o verao. Tamén está previsto que se expoñan todos os traballos finalistas.

Obras expostas

  • 1º PREMIO (3.000 €): Deserto
  • 2º PREMIO: Obra “ÁRBORE E CABALO”, de Marcos Ferreiro Gómez (A Coruña)
  • 3º PREMIO: Obra “DESDE O BOSQUE PETRIFICADO”, de Juan Luis Rúa Prieto (A Coruña)
  • ACCÉSIT: Obra “CAPELADA”, de José Pardo Vázquez (Ferrol)
  •  ACCÉSIT: Obra “SEN TÍTULO”, de Xiana Quintas Iglesias (Viveiro)
  • ACCÉSIT: Obra “MÁIS VALE VIVO”, de Marcos Pérez López (Castro de Rei)
  • ACCÉSIT: Obra “EL PASTOR”, de Miguel Gómez Muñiz (Santiago de Compostela)
  • ACCÉSIT: Obra “MAGIA CELESTIAL”, de Isaac Ventoso Leiro (Vilanova de Arousa)
  • ACCÉSIT: Obra “MAR DE NUBES”, de Juan José Galdo Cao (Narón)
  • ACCÉSIT: Obra “CAMIÑO A SAN ANDRÉS”, de Adrián Márquez Fernández (A Coruña)
  • ACCÉSIT: Obra “EL CALLADO SOSIEGO DEL AGUA”, de Paula Ramírez Villanueva (Marín)
  • ACCÉSIT: Obra “COMO ANTAÑO”, de Juan Quintía Valencia (Fene)
  • ACCÉSIT: Obra “AL FINAL DEL CAMINO”, de Juan Pablo Ameneiros González (Ferrol).

Pode consultarse aquí  a galeria de fotografías premiadas

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off