off
Cedeira, Saúde, Xente — 11 Xullo, 2017 at 10:12 a.m.

O venres 14 de xullo preséntase a xunta local da AECC de Cedeira

by

A xunta local da Asociación Española contra o Cancro (AECC)  presentarase  nun acto público no Auditorio Municipal de Cedeira  o vindeiro venres 14 de xullo ás 20:00. O acto, ao que convidan a participar a todas e a todos as veciñas e veciños, contará coa presenza da presidenta provincial da AECC de A Coruña, a presidenta da xunta local e do alcalde de Cedeira.

Na  procura dunha maior sensibilización da sociedade no dereito á saúde

O pasado 20 de maio a 4a Carreira e Andaina nocturna solidarias (II Circuito Corre polo Norte no que tamén participaban as agrupacións de Cariño, San Sadurniño, Moeche, Valdoviño, Cerdido, Ortigueira e Narón)  realizábase a favor da xunta local da AECC que agora se presenta á cidadanía cedeirense co obxectivo de ampliar a a redes social de apoio,  sensibilizar á cidananía no dereito á saúde, como enfrontarse á doenza ou coñecer os dereitos dos pacentes e outras axudas e recursos sociais

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off